viernes, 31 de marzo de 2023

A previa po Carlo.

 Pois a intención era deixar as alineacións que un pensaba que debía deixar o Carlo para este fin de semana e para o partido chave do mércores pero a lesión de Ferland fastidiouno todo. Total Carlo vai facer todo o contrario.



Para o domingo saía con Lunin, Lucas, Rudiger, Alaba, Mendy, Tchu, Kroos, Ceballos, Rodry, Asensio e Álvaro. Agora mudo a Ferland por Carvajal, toda conta que Nacho está sancionado.

Lunin porque Tibú veu tocado ca sele e é primordial para o mércores e para a Champions.

Lucas porque non foi ca sele, Nacho está sancionado e Carvi está para os cabalos, aínda que agora mandaba a Carvi para a esquerda e asi tería descanso Militao hai que previr o risco de lesións.

Tchu porque necesita xogar. Kroos non foi ca sele e Ceballos non lle ven mal tampouco xogar. Fede, Lukita e Cama deben descansar, mércores serán chave.

Arriba o Rodry, Asensio e Álvaro máis ou menos polo mesmo, ademais de dar descanso a Karim que está entre algodóns todo o ano e Vini que ten que respirar un día. 

Despois durante o partido pois poderían ir entrando se fai falla.

Que vai facer o Carlo saír con Tibú, igual si que pon a Lucas, Militao, Rudi, Alaba, Tchu, Kroos, Vini, Asensio e Karim van xogar seguro penso a dúbida é o outro medio. Álvaro irá co Castela e o de sempre, despois se cae algún outro xa chorará.

O mércores aquí saímos con Tibú, Fede, Militao, a lesión de Mendy fastidiame porque ía poñer a Nacho de central pero ahora terá que ser Rudi e Nacho a esquerda, Chu, Cama, Vini, Lukita, Rodry e Karim.

Hai que mudar algo, non se pode saír sempre igual vs o Barça e que Xavi lle molle a orella a Carlo unha e outra vez.

Fede de lateral dereito porque hai que arriscar e Carvi xa vemos todos como está, un dobre pivote dos franceses para comer o medio e unha triple mediapunta para compricar a saída do Barça.

Que vai facer o Carlo, xogar cos de sempre e coma sempre, a única dúbida terá en quen poñer na esquerda pero caera o mellor que é o eslabón máis feble. Tibú, Carvi, Mili, Rudi, Alaba, Kroos, Lukita, Cama, Fede, Vini, Karim. De novo cos dous vellos xuntos e naufragando. O xoves xa choraremos por aquí todos xuntos.

Non é descartable a lesión de Alaba e Karim nos próximos días, coma Ferland levan un bo ano no tema. Despois era mellor deixar a Fran en Vallecas para quedar ben con eles e que nos silben e nola monten igual.

Por certo como controla Flo todo, uns xogan sábado e outros domingo, o señoriño que elixe os frames e os horarios, a importancia dos pequenos detalles xentiña.

Anteriormente:

Canteira . 

Os nomes 23. 

Sentimento Mundial.

Soldados de fortuna.

Pildoriñas clásicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario