Hoxe vou dar unha
versión particular do partido de onte fronte a Roma, matizando certas
actuacións , non todo é o que parece na miña opinión. Sacar partidos adiante
forma parte da Champions pero para gañala fai falta moito máis. Pasouse a
cuartos que era o obxectivo , pero debemos crecer e moito si queremos ter
opcións reais na competición, somos demasiado vulnerables.
A visita da Roma
traía os recordos a miña cabeza da de un ano atrás do Schalke, polo resultado
de 0-2, pola imaxe que está a deixar o Madrid e polo ambiente en xeral. Era moi
triste estar ca mosca detrás da orella despois dun 0-2 contra un equipo
supostamente inferior , pero é o que hai con esta xentiña.
Meu dito , meu
feito, foi bastante parecido solo que algo cambiou e foi na portería. Cambiade
a Íker por Keylor e tedes un Schalke en toda regra. Hai xente que sigue pedindo
e recordando a Carletto, pois está na
súa casiña por deixar a este tio no banco e nos con algún título menos tamén
probablemente. Volvo a repetilo Íker foi o mellor porteiro da historia do
Madrid, foi en pasado, coma moitos outros xogadores os anos non perdoan e a
prensa lamecús non lle axudou nada.
Convén recordar que os porteiros están para
parar e os grandes equipos deben de ter
grandes porteiros capaces en situacións complicadas. Si o teu porteiro saca
adiante o resultado cunha serie de intervencións de mérito para iso sae a xogar. Keylor faise
enorme no un para un , unha cousa é que o dianteiro erre e outra moi distinta é
que o porteiro te peche portas.
Keylor é unha
especie de Casillas nos seus anos mozos, pero ten un grave problema coma Íker para
o fútbol moderno, aínda sendo moi superior neste senso a Casillas e bastante malo e lento no xogo co
pe, o que provoca moitas perdas de balón cando nos presionan. Un talón de
Áquiles para o fútbol moderno.
Seguindo co
partido que non entendín do partido de
onte foi porque xogamos como si tivéramos perdido ou empatado en Roma. Fixemos
un partido tolo que beneficiou ó Roma e en particular a Salah. Xogamos como se
fose Liga un partido de eliminatoria que
traíamos moi encarrilado. Xogadores que conducían e chupaban onde non deben,
con perdidas no peor sitio e sen rematar xogada o que permitiu demasiadas
contras. Iso vai no debe de Zizou, para
un día que temos que xogar con pausa , dámoslle demasiado ritmo. Sufrín
bastante por isto onte, salvoume que non
marcou a Roma.
Creo que o plan A
de Zizou non funcionou e onte tentou cambiar o plan, fixo ben había que cambiar
cousas , pero este plan tampouco saíu ben o meu modo de entender. Un eixo Kroos
, Kovacic, Modric é a única solución que vexo a día de hoxe.
Vamos de cabeza o
tema Casemiro, do que tan ben falan moitos, un servidor non o ten tan claro
sobre todo para o que necesitaba o equipo onte. Creo que é un xogador válido e
que debemos ter en plantel, que hai partidos no que vai e pode ser necesario
recordemos o naufraxio de Dormund, que corre moito, que deixa as pelotas no
campo é innegable , fai axudas constantemente. Un xogador para o estilo Mou ou
do Cholo, neste Madrid debe de ser un recurso , un plan B, non un plan A, peroooo e vou falar do pero.
Necesitamos ese
estilo de xogador, o noso Busi particular, pero Busquets non hai. Como sempre
dixen entre Kroos e Case creabamos o noso Busi. Aquí radica un dos principais
problemas do Madrid. Casemiro necesita tres toques para controlar , arrisca
demasiado no pase e perde demasiadas bolas. É bastante lento na saída e quere
ocupar moito espazo o que molesta os
compañeiros, o que vemos coma unha virtude quizais é un defecto. Sinceramente
non creo que sexa tácticamente tan bo coma nos parece. Si é un especialista
defensivo, pero quizais necesitamos un especialista defensivo-ataque , un Busi
vaia, por iso dicía o de Case-Kroos. Casemiro que é fortaleza defensiva ou atasco
na saída do balón, que queremos ser ? Como xa dixen o outro día non é cuestión
de facer km, si de cómo facelos. Modric é o noso pastor.
É necesario un Casemiro con máis orde e no meu modo de ver
o que máis se pode acercar a iso no plantel a día de hoxe é Kovacic. Non
descartando que en certos partidos necesitemos a Case, pero máis como recurso
ca coma plan. Si xuntas o que falei de Keylor o principio, cos centrais, con
Casemiro e con Danilo, non son capaces de dar dous toques si están algo
apurados, that´s the question my friend
!
Creo que o deixo
por hoxe que xa me pasei de longo , uns
apuntes finais que non da para todo. James está para o arrastre, non me entra
na cabeza que Lucas Vázquez non estea por diante del a día de hoxe. Luquiñas
ten todo o sentido en ataque e en defensa. O de Jesé de xulgado, entra en plan
coña perde a bola e xa non baixa. As costas de Ramos e Marcelo, o eterno
problema , o seu lado un furado descomunal, Marcelo da Marcelo quita, a pasada noite pasou de todo en defensa , en fin. Quizais
onte si queríamos/debíamos ter o balón era un día para o amasón de Isco, aínda
que eu son dos que me cargo a el e a James, cuestión de estados de forma.
Cristiano non me disgustou ata que nos puxemos 2-0 despois outra vez a querer
marcar goles e tolear solo, pedindo que lle pasaran todas, a iso me refiro
sempre é moi bo pero condiciona demasiado o noso xogo. Tampouco me disgustou que presionáramos bastante arriba en moitas partes do partido, como ten que ser.
No sorteo, o de
que hai que gañar os mellores e toda esa carallada deixádello para os guais, eu
quero os rivais máis fáciles e que os bos se eliminen entre eles e máis estando
como estamos.
P.D. O Bernabéu
iso de aplaudir os rivais que non fixeron nada polo club e pitar os nosos moi ben tamén, animar no partido e
pitar o final xentiña. A crítica con sentido , do madridismo e para mellorar o madridismo , conta a crítica destructiva e antimadridista, unión e loita.
Hala Madrid.
En episodios anteriores :
No hay comentarios:
Publicar un comentario