miércoles, 2 de marzo de 2016

Que dixo Cristiano lo ?

O sábado coñecía as declaracións do meu hateado  Cristiano e no calor da batalla dicía que por fin facía algo que me gustaba esta tempada, e algo de razón ten, vou explicar que parte.


Ten razón na parte de que é o único que non se lesiona, non me digades porque pero é imposible que un equipo de máximo nivel teña tal cantidade de lesións musculares, ninguén ten a culpa ou que. En cambio Cristiano en todos estes anos no club apenas se lesionou, aqueles problemas de nocello o primeiro ano despois dun entradón dun xogador do Marsella en Champions e os problemas de tendinitis  no xeonllo que arrastra as últimas tempadas. Pero el  para ben ou para mal non se perde partidos.

É grave xa que o único  xogador  do Madrid que non me importaría que se lesionara para que descanse algo  e non rompe. Nesto debo darlle a razón o meu pai, que el non rompe coma os outros tirillas e quero vendelo.

A outra cousa que me gustou das súas declaracións é que a ver si está buscando a saída, quererá marchar  ? Algo que debeu ter feito o club con el  este verán pero claro quería chimparlle o record a Raúl ! Sinceramente creo que foi a principal razón pola que quedou. Como levo dicindo os últimos meses é o noso Ante Tomic particular. Non me vou a queimar moito con el , total nin sirve de moito e solo tedes que bucear no anteriormente dito. Ten nivel para o Real Madrid ? Si. Está o seu máximo nivel ? Non. Pero a chave é que debemos cambiar roles no equipo, díxeno, digo e direino.

Se te pos a pensar as declaracións son unha bomba e demostran o que realmente lle importa a Cristiano, el mesmo. Pero como sempre digo , Arbeloa dixit : “ Ni los buenos son tan buenos, ni los malos son tan malos. “ , ou foi Callejón, xa dubido. Cando as cousas van ben todo vai ben, xa irán as cousas mal en Barcelona e apareceran os problemas tamén, hai moita merda tapada alí, de toda clase, de toda clase, non quero falar de máis por si me denuncian ,  pero iso fano xenial, tapar, reman todos a unha, debemos aprender señores.

O que me leva a pensar , que podo/podemos facer por axudar o Real Madrid. Pois todos poñer o noso gran de area. Está claro que a culpa desta situación é un pouco de todos  presidente, adestradores, xogadores e incluso siareiros. É un feito incuestionable que hai que cambiar ,  pero  non hai nin unha única causa , nin un único responsable.  Que nos pasa, non sabemos quenes son os nosos verdadeiros enemigos ? Debemos loitar contra os enemigos e coidar de nos, os problemas  resólvense de portas para dentro.

O que non compro é a intención de convencer os madridistas de que os culpables dun vestiario acomodado son os últimos que chegaron, parece mentira, será o contrario os portadores do virus serán os protexidos , non ? Gran problema do Real Madrid os nomes por diante da entidade, eu son do Real Madrid non dun xogador  en particular, por moito que me gusten Modric ou Bale, si teñen que saír que salgan. Como dixo o gran Jabois : “ Los jugadores  deben dejarse de cenas de conjura y meterse en la piel del aficionado”.

Si o problema é de actitude dos xogadores, a cousa é moi simple díxeno sempre dende a Era Mou, si o club respalda e cree no adestrador , deixará de habelo. Si o adestrador é o máis forte do club non hai moita opción para os xogadores. Mala actitude banqueta, sigue a mala actitude, pasaporte.

O que me da a risa é que cheguen os antimadridistas que están preocupadísimos pola situación do Real Madrid e nos dan leccións  para mellorar. O que faltaba vaia, como si quixeran que melloráramos, co contentos que están. Que se garden  as leccións para os seus. Nada é eterno e o Madrid sempre volve.

Hala Madrid : “ En lo bueno y en lo malo.”

En artículos anteriores :





E o perdóname Lolaso que algo que ver co fútbol tamén ten, non estamos tan mal, solo hai que saber que teclas tocar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario