lunes, 15 de diciembre de 2014

The beggining of the end.

The beggining of the end , así arranca unha famosa web europea de basket sobre Laso e así tamén vou arrancar eu. Pero como xa dixen con anterioridade iso non se produciu onte, iso sucedeu naquela prórroga en Milán como xa ben dixen no pasado.


Levaba semanas postergando este artigo, deixando comentario tras comentario  dende o verán no Face do blog ou “retuiteando” compulsivamente sobre está situación que se vía vir. Creo que funciono mellor con pequenas frases de cabreo que tentando fusionar todo aquí.

Víase vir por unha razón moi simple, xa nadie confía en nadie nese vestiario-club ou esa sensación da. Nin os dirixentes querían a Laso, nin Pablo quería este equipo.

A saída dos axudantes de Laso, a saída de Darden ……, eran pequenas pedras no camiño buscando que Laso dimitise e aforrar o finiquito ou iso me parecía a min.

De todos é sabido, polo menos se me ledes que a min Laso nunca me entrou polo ollo, dende o primeiro día e cada vez que falla algo sempre mirei primeiro cara el.

Pero dende o verán cos movementos tan raros que vin, ollei cara o palco. Viñen raiando a xente todo o santo verán, nadie dicía nada e padecíamos ou aparentábamos un sen goberno. Non entendía os cambios de cromos, o final , moi o final pois ata me gustou o plantel que quedou que queredes que vos diga, pero non as formas. Entendín desfacernos de Draper polas pelas, desfacernos de Darden polo pasaporte, consciente de que a defensa ía sufrir. Pensando no deportivo vs económico entendín como quedou configurado o plantel.

Tampouco  entendín  que continuara Laso se a todas luces nadie confía nel dentro. ese fichaxe de axudantes "galácticos" para que ? para ter recambios cando o chimparan. E día a día vese. Toda a confianza que tiñan/tiñamos todos co catanese ( Don Ettore, que desastre foi para nos ) ou con semifinalinho ( Mou, que con números peores que Pablo, idolatramos  e idolatran dentro ) , o primeiro revés destapouse que non temos con Lolaso, e se non cremos non debeu continuar. O club dudou, duda e dudará de Laso e no deporte non podes dudar, hai que ir a morte co mister, si dudas outro para o sitio.

Para mostra os tempos mortos, cada un mira para un lado e xa nin se axita o mister, explica unha miserenta xogada e listo.

E no basket as derrotas que levamos a estas alturas non significan nada, non serían ningún problema, claro exemplo o Barça que con números similares non pasa nada, unha mostra máis que hai demasiada xente querendo tirar con Laso.

Eu a Laso o que máis lle critico son as millonarias renovacións de Carroll a estas alturas un ex xogador para o nivel que esixe o Real Madrid en defensa un auténtico boquete, ou de Marcus tamén a prezo de ouro para un xogador  moi bo para o sistema Laso pero non é cupo e cobra un pastón a outro prezo ou con pasaporte a min váleme. Sobre todo ca horrenda defensa que estamos a ver, que peniña, calquera nos fai 90 puntos.

Pero o seu gran problema é que involuciona en vez de evolucionar, morremos e vivimos polo triple, catro anos e os nosos pivots seguen a ser residuales, non lle valía Begic, nin Tomic, e afundiu na misería a Mejri, Ayón e Bou que noutros equipos seguro que se salen.

Todo se resume en que xa nadie confía nel e todos están esperando a velo caer. Efes, Obra, Barça e Unicaja antes de fin de ano poden tumbalo antes do previsto.


Pero non nos equivoquemos a culpa será de quen o mantiveron sen darlle total confianza, así de simple, o vestiario oleu o sangue e ………….

Son moi repetitivo pero cabreome con isto xa que aguantar a desgana con algo que non queres solo comprica as cousas é como cando unha parella está o borde do divorcio e busca un fillo para arranxalo. Os problemas aumentan, xa que o divorcio vai chegar e agora tes un fillo máis no medio, así parece esta situación.

Ou confiabas cegamente en Laso ou o chimpabas , medias tintas non valen, o palco é o gran culpable. O local de chicas de vida alegre que fomos no verán explica o descontrol que aparentamos agora.

Eu e o RMNba.

Parece que a liña editorial é común :

Karusito.

Trecet.

F. Ruíz.


No hay comentarios:

Publicar un comentario