lunes, 29 de diciembre de 2014

Fisober B - Villa de Cee. 1-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – VILLA DE CEE : 1-2.

FISOBER B : Anabel, Tamara, Paula Fandiño, Nuriña e Laura ; tamén xogaron : Andrea Piroja, Andrea Muíño e Paula Lema.


VILLA DE CEE : Carla , Alba, Adriana, Andrea e María ; tamén xogaron :Marta,  Paula, Sandra e Laura.

ÁRBITRO : Marcos Pérez  , CRONO : María Rey.

GOLES : 1-0 Paula Fandiño , ( descanso ), 1-1 Andrea, 1-2 Andrea.

Partido disputado na tarde do martes 23 no Pavillón de Vimianzo co que o equipo de Provincial do Fisober poñía fin o 2014 para o club cun derbi.

Partido moi igualado que novamente caeu do lado visitante , é que  a sorte non está a axudar nada o filial como local que aínda non acadou puntuar en Vimianzo.

Arrancaron os dous equipos nerviosos o tratarse dun derbi e conscientes de que os erros neste tipo de partido se pagan.

Bo inicio do filial que dominaba o balón fronte a unhas visitantes que esperaban para saír en perigosas contras.

Así foron pasando os minutos con algunha que outra ocasión para ambos equipos pero sen moverse o electrónico. Ambos equipos algo precipitados nos metros finais.

Ata que a oito minutos unha falta no borde do área foi executada pola infantil  Paula Fandiño que aproveitou que a barreira se abriu para poñer as locais en vantaxe no marcador.

A partires de aquí foron os mellores minutos dun filial que tivo ocasións para acadar o segundo pero non o logrou, a máis clara nas botas da infantil Nuriña.

Chegaba o tempo de lecer o filial con vitoria pola  mínima. No arranque da segunda deu un paso adiante na súa presión o Villa de Cee na busca de trocar o resultado.

Isto xuntouse cun mal inicio do filial , algo  precipitado e nervioso na saída desta segunda metade. 

Así foi como os tres minutos a ex do Fisober,  Andrea igualaba o partido. E tres minutos  despois a mesma Andrea poñía en vantaxe as visitantes.

O filial perdía nun abrir e pechar de ollos a vantaxe que tanto lle custara acadar. De novo tocaba remar  contra corrente. E tentárono as  xogadoras do filial, novamente colleron o dominio do balón e do xogo na busca de igualar o partido. As visitantes buscaban acadar unha contra que matara definitivamente o partido.

E así foron pasando os minutos, cun filial cada vez máis preto da igualada que non chegaba. A ocasión máis clara para lograla foi un lanzamento de Paula Fandiño  o trabe e o seu rexeite  que petou en Tamara, paseouse pola liña de gol sen querer entrar i é que a sorte non está a acompañar.

Chegándose co un a dous o final deste intenso, emocionante e igualado derbi.


A competición volverá o vindeiro 10 de Xaneiro de 2015, FELIZ ANO a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario