martes, 25 de diciembre de 2012

Ponteceso - Fisober B. 4-1.


LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : CONCELLO DE PONTECESO – FISOBER  B “CONCELLO DE VIMIANZO”. 4-1.

PONTECESO : Salomé, Alba Marrozos, Sandra, Ana e Carmen ; tamén xogaron : Fany  e Anabel.

FISOBER B : Martina, Iria, Paula, María e María Maroñas ; tamén xogaron : Inés, Laura, Mónica, Noe e Cris.



Árbitro e crono : Emilio González e Iván Enríquez.

GOLES : 1-0 Sandra, 2-0 Carmen, 3-0 Carmen, 3-1 Inés, (descanso ) , 4-1 Carmen.

Xogábase na tarde do sábado o derbi de Provincial e o filial do Fisober que mellorou a súa imaxe do último partido , aínda que  non foi quen de puntuar ante un Ponteceso que se levou a vitoria con todo merecemento.


Os primeiros minutos os dous equipos estiveron moi nerviosos. Pero no minuto cinco foi Sandra a que aproveitou un rexeite para poñer en vantaxe as locais.

As do filial tentaron saír co balón  controlado pero sen moita claridade. Un lanzamento de falta de Carmen mediada a primeira metade foi o segundo gol para as locais. E pouco despois foi a mesma Carmen a que facía o tres a cero.


Cando se xogaban os últimos minutos desta primeira metade unha moi bulliciosa Inés poñía o tres a un no electrónico, un resultado co que se chegou o tempo de lecer.

A segunda metade continuou ca mesma tónica da primeira, as locais con máis paciencia tiñan o partido onde querían.


Aínda así as do filial do Fisober non se rendían e Inés tiña un par de boas ocasións o igual que a capitana María pero eran freadas por Salomé.

Cando se xogaban os últimos minutos do partido a xogadora formada no Fisober, Carmen facía o cuarto e definitivo  gol do seu equipo  completando  a súa particular tripla de goles na tarde do sábado.

Visión do blog do Ponteceso.

O filial do Fisober volta a competición o vindeiro 19 de Xaneiro visitando en Carral o Fame Negra.

Dende o Fisober F.S.F. queremos desexarlles unhas Felices Festas de Nadal  e un próspero Ano 2013 .



No hay comentarios:

Publicar un comentario