lunes, 17 de diciembre de 2012

Fisober B - Espartanas. 2-4.


LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – ESPARTANAS. 2-4.

FISOBER B : Martina, Iria, María, Mónica e Laura ; tamén xogaron : Inés, Noe, María Maroñas, Cris, Natalia e Tamara.



ESPARTANAS : Laura, Adriana, Paula, Patricia e Andrea ; tamén xogaron : Marta , Carmen , María.

ÁRBITRO E CRONO : Rubén Casal e Laura de la Iglesia.

GOLES : María e Inés para o Fisober B ;  Adriana ( 2 ) , Patricia e María para as Espartanas.

Xogaba o filial do Fisober na tarde do sábado en Baiñas e volveu a irregularidade que o caracteriza , facendo un mal partido despois da melloría que viña ofrecendo nas últimas xornadas. Non podendo así redondear o fin de semana do Fisober despois da vitoria do primeiro equipo en Santo Domingo de la Calzada.

O igual que na tempada pasada no pavillón da Ponte do Porto, Adriana foi un pesadelo para o filial e levou as súas a poñerse por diante por cero a dous.


Aínda que foi quen de reaccionar o filial e igualar o partido a dous despois dos goles de Inés e da súa capitana María, pero quedouse nun mero espellismo  as do filial volveron a baixar  o ritmo e caeron froito dos seus erros.

De novo as visitantes poñían dous goles de marxe que desta vez si que non foron capaces de remontar as xogadoras locais, deixando que o partido rematara co dous a catro final.


A mellor noticia para o filial deste partido foi a volta as pistas de Tamara despois do seu paso por quirófano e que a tivo uns meses apartada.

Fotografías de partidos anteriores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario