martes, 28 de agosto de 2012

O Fisober F.S.F. comenza a andar.


Nota de prensa

O Fisober 2012-13 xa esta en marcha, as rapazas da Costa da Morte empezaron a pretempada o pasado venres 24, adestraran tres días a semana alternando a praia e o Ximnasio da Piscina Municipal de Cee deixando para o venres os adestramentos no polideportivo.



A plantilla para este ano sufrirá leves cambios con respecto ó equipo que se proclamou campión galego a tempada pasada, causa baixa Alba Cambeiro (Carnota) e incorporanse a 1ª plantilla as xogadoras de Camelle Laura Pose e Inés Suárez que o ano pasado xogaban no Fisober B, polo que os adestradores terán a sua disposición un total de 13 xogadoras.

O primeiro partido de pretempada será contra o Ponte Ourense FSF, equipo da 1ª división nacional e que conta nas suas filas con varias xogadoras internacionales. Partido da Copa Xunta.

O partido tera lugar no Pavillón Municipal de Cee o sábado 1 de setembro ás 20:00 h


O mércores 5 de setembro disputaran o segundo partido da pretempada, desta vez en terras pontevedresas e o rival será o Poio Pescamar FS, equipo da 2ª División nacional, e que conta nas suas filas con varias internacionales portuguesas e que estara adestrado este ano polo ex xogador profesional brasileiro Marcio Santos.

Ademáis destes dous partidos o Fisober disputara un Torneo en O Pino o sábado 15 de setembro e ten programados dous amistosos máis antes do comezo da Liga o sábado 6 de outubro.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario