Onte fixen o análisis do partido de Champions entre o Real
Madrid e o Bayern e hoxe que ando un pouco máis rabudo pois vou a contestar,
doutra forma a todo eses “entendid@s” de fútbol, que voltaron aparecer despois
da eliminación do Real Madrid, despois dunha inesperada desaparición o sábado,
o martes debeu ser a cicloxénese.
Según datos da Tvg o partido do mércores colleitou case
900.000 espectadores en fronte da tele en Galicia. Un feito histórico, e como
tal sólo podía estar presente o Real Madrid.
As razóns moi simples, o gran número de madridistas que
vivimos en Galicia. Si a esto lle sumamos
a xente que ve calquer partido de fútbol pois a cifra vai aumentando. E
por último e por eso non menos importante outro gran número de persoas que
envexan o clube máis grande da Historia, eses “antimadridistas” de moitos
colores, que non dormían solo con pensar que o Real Madrid podía acercarse a un
novo éxito.
Neste último grupo unha boa parte son os que o sábado de mañan non cabían en si, enchían o peito ,
co seu fútbol vs “antifútbol”, os mesmos
que despois de sábado cambiarlle a cara empezaron a esconderse de forma
parecida os caracois, sin comprender a razón pola que a súa posesión, o seu
toquiño e demáis era incapaz de vencer o “antifútbol”. Horas antes decían
falaban de goleada o seu favor.
Aquí como en tódolos grupos xuntase xente de moitos tipos,
pero nos que os peores solen ser os que non saben si o balón é redondo ou un
ladrillo do oito. Os que apenas saben o que é un fora de xogo, un libre
indirecto e a veces ata dúbido que sepan
que neste deporte gaña o que marca máis goles ………………, pobriños que pronto
esquenceron os tempos non tan lonxanos
de Rochemback, Christanval e demáis individuos, cando facían cousas
peores. Algún quizáis non os vivio ou faise o despistado.
Empezaron a dúbidar do seu Totem, xoga Tello, Thiago, non
por favor equivocase, pero non son da canteira magnífica, onde todos salen
nenos perfectos? I don´t understand?
Había algo no universo na súa contra. O martes xa non comprendían nada, debía de ser unha
forza extraterrestre, era imposible, tres decepcións seguidas. E moitos deses
caracois remataron por desaparecer totalmente.
Pero ca caída do Real Madrid voltaron a aparecer con forza,
respiraron aliviados , aquí estamos nos de volta, os caracois sacaron a
cabeciña de novo, en catro días de sufrimento xa estaban máis brancos ca
camiseta do Real Madrid. Eu particularmente non me escondín nestes catro anos e
son capaz de dialogar con eles con máis ou menos razón, a maioría deles non,
sempre teñen razón, difícil conversar así, xa que sólo hai un único tipo de
fútbol, solo unha verdade universal.
Estas situacións son as que fan tan grande o Real Madrid, a
envidia que nos teñen , que nunca poderan ser tan grandes, como decía don
Santiago Bernabeu, o que fai grande o Real Madrid é que está presente na celebración de tódolos
títulos, nos propios e nos axenos. Algo que provoca esto é que un servidor sexa un pouco
máis do Real Madrid si é posible, GRANDE REAL !
Outra cousa que non me gustou do mércores é que moitos deses
coñecedores do ladrillo do oito, do fútbol xa menos, fixeron bromiñas con
Sergio Ramos. A única cousa na que coincidín ca rolda de prensa de Mou foi que
os que tiran os penaltis son os que teñen os güevos a tiralos.
Pois si tirouno mal non , fatal, pero tirouno, eses
graciosos nos que se encontra algún
deportivista que se acorden do
seu adorado Bebeto que non os tivo para tiralo e deixoulle o marrón o pobre de
Djuckic, os do Barsa xa non falemos que eles terán para a Historia o record de
errar todos os penaltis nunha final da Copa de Europa en Sevilla para máis
noticias. Algún mítico barcelonista que tanto fala na tele ahora, tamén
manchou o calzonciño e non se atreveu a
tiralo aquela mesma fatídica noite. Que fago eu vivindo entre tanta perfección?
Moitos dos que andan a buscar polo balón de Sergio Ramos, de
paso a ver si nos informan por onde andiveron todos estes días, igual buscaron
refuxio na mesma cova espacial.
Leer tanta cousiña polas redes sociais pois enchiume un
pouco, que mellor forma de desafogar que escribir, para algo teño o blog.
OCASIÓN PERDIDA.
ARTÍCULOS CO TEMA REAL MADRID
OCASIÓN PERDIDA.
ARTÍCULOS CO TEMA REAL MADRID
No hay comentarios:
Publicar un comentario