lunes, 16 de abril de 2012

Riazor - Fisober. 3-5.

RESULTADO : RIAZOR – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” : 3-5.

RIAZOR : María, Lorena, Sara, Alba e Paula ; tamén xogaron : Victoria e Yesica.

FISOBER : Paula, Patri, Ylenia, Olalla e Myrella; tamén xogaron : Elsa, Nuria, Noelia, Alba, Barca, Eva e Ana.



Árbitro e Mesa : Juan Castiñeiras e Mary Luz Mendoza.

GOLES : 1-0 Paula, 1-1 Barca, 1-2 Alba, 2-2  Paula, ( descanso ) , 3-2 Victoria, 3-3 Barca, 3-4 Patri, 3-5 tiro de Barca que desviou Victoria a propia porta.

A tarde do venres 13 adiantaban o Riazor e o Fisober de común acordo o partido que debían xogar o sábado 21 para pechar o campeonato.

As locais nun acto de enorme deportividade fixeron o pasillo o Fisober que conseguira o título matemáticamente na anterior xornada no seu enfrontamento fronte o Guntín.

Os dous equipos saíron relaxados o partido, sobre todo o Fisober liberado da tensión competitiva das anteriores xornadas, o que fixo que o partido fora entretido e con oportunidades.


Xa de saída a meta visitante Paula tivo que intervir nunha contra do Riazor. A resposta para o Fisober correu a cargo de Myrella e pouco despois por parte de Olalla.

Logo  desto , sucesión de  minutos  cun ida e volta sin apenas perigo en ningunha das dúas áreas. Solo destacar unha ocasión da visitante Nuria.

Ata que os once minutos a local Paula aproveitaba un balón para defenir e poñer en vantaxe as súas. E case deseguido nun novo duelo de Paula´s a atacante local e a porteira visitante, desta vez venceu a porteira e evitou que se ampliara o marcador.


Pero o Fisober espertou e Barca poñía a igualada os doce minutos despois de facer unha ruleta o Zidane na área. E casi sin respiro  Alba recuperaba un balón e poñía o 1 a 2 no electrónico.

As visitantes apretaban e un tiro de Nuria obrigaba a unha espectacular intervención de meta local María.

Cando máis controlado tiñan as do Fisober o partido Paula collía as costas das visitantes para facer a igualada a dous para o fin desta metade.


Aínda así non se quería ir o tempo de lecer o Fisober con ese resultado, e Barca  atopouse  cunha brilante María en dúas ocasións e na terceira cando xa a superara frenouna o pau, chegandose con igualada o tempo de lecer.

A segunda metade tivo máis ritmo e máis ocasións en ambas porterías, xa os tres minutos despois dunha gran xogada local Victoria non chegaba por centímetros para desfacer a igualada.

Os cinco minutos  o árbitro sinalou un  penalti, as visitantes protestárono  crían que non existira falta e de selo que non fora dentro, o cal se encargou de transformar Victoria para adiantar as súas.


O Fisober non quería perder na súa visita a Coruña e decidiu aumentar o ritmo de partido. Así Myrella tivo a opción da igualada case como resposta o gol local.

As combinacións das visitantes poñíanas diante de María que comenzou a paralo todo, frenou a Patri en dúas ocasións case consecutivas e despois a Ylenia.

Pero Riazor aproveitaba que o Fisober estaba volcado e saía en contrataques mortais, e Paula a oito para o fin mandaba o pau unha ocasión que puido complicar o partido o campeón.


A resposta foi por parte de Barca, pero María parecía insuperable. Os minutos pasaban e a catro para o fin Patri foi derribada no área nun penalti o cal desta vez protestaron as locais. Barca encargouse de anotalo para empatar o partido. E Patri casi fai o cuarto na seguinte xogada.

As locais tampouco se rendían e Lorena fixo lucirse a Eva. No ida e volta foi Nuria a que tivo a opción para o Fisober e Victoria para as locais. A dous para o fin un lanzamento da local Sara tocouno Eva e posteriormente foise o pau.

Quen non desaproveitou a oportunidade foi Patri quen marcou o cuarto para o Fisober  e puxo en vantaxe as súas a dous para o fin.


Cando solo restaban 38 segundos un disparo de Barca foi desviado en propia porta por Victoria para facer o quinto e darlle os tres puntos as da Costa.

E aínda a seis segundos do fin un duro lanzamento de Nuria, enviouno a saque de esquina María.




No hay comentarios:

Publicar un comentario