Buscando por outros temas atopamos o Calendario da Confederación Nacional de Fútbol Sala para o Campeonato Nacional de Clubs que disputará Fisober na categoría senior femenina :
O representante galego que será o Fisober quedou encadrado no grupo B, xunto co representante do País Vasco e o de Extremadura.
Xogará o seu primeiro partido o venres día 15 as 18:30 no Pavillón dos Rosales fronte o País Vasco. O perdedor deberá xogar o sábado día 16 nos Rosales as 12:30 fronte Extremadura. E o gañador xogará fronte a Extremadura as 20 horas dese mesmo sábado.
No grupo A quedan encadrados os representantes de Valencia, Murcia e Castela a Mancha que tamén xogarán nos Rosales e os seus partidos serán os anteriores os do Grupo B.
A final disputarase no Municipal de Riazor o domingo 17 as 10 horas. Según os datos que temos accede o campeón de cada grupo.
Cuadro.
Cuadro do campeonato de España de seleccións Autonómicas , no que poderíamos ter sorpresa en forma de xogadora do Fisober.
Tamén se disputará na Coruña nesas datas o Nacional Xuvenil, que xogarán en Cocheras. O Nacional Senior tamén se disputará na Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario