RESULTADO : A FERVENZA B – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO”. 3-4.
A FERVENZA B: Aita, Cel, Claudia, Andrea de Paz e Laurita; tamén xogaron : Nerea, Alba, Belén, Ana , Noelia e María García.
FISOBER B : Martina, Iria, María, Inés e Laura ; tamén xogaron : Myrella, Cris, Natalia, María Maroñas, Nuria e Catti.
Árbitro e Mesa : Daniel González e J. Francisco Prados.
GOLES : 0-1 Laura, ( descanso ), 0-2 Laura, 1-2 Andrea de Paz, 2-2 Belén , 3-2 Laurita, 3-3 María, 3-4 Inés.
Xogaba na maña do domingo no Pavillón das Lagoas de Narón o filial do Fisober o encontro aprazado a anterior semana fronte o Fervenza B, e para non ser menos que o primeiro equipo tamén conseguiu tamén a victoria conseguindo un pleno de tres de tres neste fin de semana no clube da Costa. Amosando a melloría e o progreso feito dende comenzo de tempada.
As de Ferrolterra que gañaron o sorteo e tiveron o saque inicial o seu favor, decidiron saír con porteira-xogadora para sorprender, pero como non o conseguiron pronto voltaron o estilo habitual.
Presionaban as locais o filial do Fisober pero non creaban excesivos problemas a un ordeado equipo visitante, agazapado na busca dunha contra letal.
As locais pouco a pouco foronse facendo co dominio do partido e do balón, nunha situación onde o filial do Fisober se sentía moi cómodo. Os dez minutos probaron sorte de falta as de Ferrolterra e Aita atopábase co pau da portería defendida por Martina.
Ata que rondando a metade deste primeiro tempo , Laura aproveitaba a súa opción para marcar ante Nerea e poñer en vantaxe as visitantes. Eso deu máis folgos si cabe as visitantes para defender e saír con perigo a contra.
Seguía o dominio local que buscaba sorprender dende lonxe a Martina aínda que sin excesivo perigo. Solo un tiro de Belén que tocou novamente o pau asustou as da Costa. Co 0 a 1 chegouse o tempo de lecer.
A saída na segunda metade non podía ser mellor para o filial do Fisober xa que despois dunha excelente xogada, Laura desfixose no área dun par de rivais para marcar un auténtico golazo e poñer máis terra de por medio para as súas.
As da Costa seguiron o seu e o filial da Fervenza seguía tentando sorprender dende lonxe , así foi Cel a que de novo se atopou co longueiro de Martina.
E cando máis controlado parecía ter controlado o partido o filial do Fisober chegou un chutazo de Andrea de Paz para acurtar distanzas.
O gol fixo moito dano as visitantes, que entraron nuns minutos de zozobra e así casi sin darse conta despois dunha xogada ensaiada empataban as de Ferrolterra por medio de Belén que se revolvio perfectamente no área.
E solo uns minutos despois unha xogada case calcada a anterior remataba co terceiro gol local por medio de Laurita, o que parecía tirar todo o bo traballo das visitantes en tan solo seis minutos.
Pero en vez de virse abaixo como ocorría a principio de tempada, as do filial do Fisober seguiron loitando sin dar un balón por perdido e sin baixar os brazos.
Derón un paso o fronte e tiveron as súas opcións por medio dunha falta que lanzou Myrella. E pouco despois unha xogada entre Myrella e Inés tivo que ser sacada baixo paus por unha xogadora local cando as visitantes xa celebraban a igualada.
Pero o filial do Fisober a cinco para o fin tivo a súa recompensa despois dunha xogada de Inés ela mesma disparaba forte ante Nerea a esta escapabaselle o balón e moi atenta a capitana visitante María lanzabase o chan para poñer a igualada no marcador.
A Fervenza B decidía de novo utilizar a porteira-xogadora pero nun erro no cambio Inés foi a máis lista da clase rabuñou o balón e marcou a pracer o que foi o gol decisivo para a victoria do Fisober B.
Dende ahí ata o fin defensa numantina das da Costa ante o ataque de cinco local na busca do asubio final e tres puntos que viaxaron para a Costa.
Destacar neste partido a volta de Martina que levaba lesionada dende Xaneiro despois de moitas horas de traballo en solitario e rehabilitación e os primeiros goles de Laura en categoría Provincial, e xa que marcou decidiu facelo por partida dobre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario