jueves, 12 de abril de 2012

Previa do finde dos Fisober´s !

O igual que nas últimas semanas e como deu sorte faremos un repaso pola hemeroteca do blog para os partidos que teñen os equipos do Fisober este fin de semana e como maña venres xa hai partido hoxe facemos a previa.




Co título xa gañado o Fisober rematará a tempada na Liga Autonómica este fin de semana. Buscará facelo da mellor maneira. Maña as 19 horas enfrontarase o Riazor no Pavillón do Novo Mesoiro, linkamos aquí o buscador de pavillóns que ten A Fervenza aínda que é dende Narón pode servir de axuda para situarse na Coruña, nun partido previsto para a vindeira semana co cal se pecharía a tempada pero adiantouse a este venres. Un pavillón onde xa xogou o filial fronte o Amarelle B esta tempada.

O Riazor foi o equipo co que o Fisober debutou na Liga Autonómica, foi nun partido que se disputou en Vimianzo ala por setembro do 2010 e que gañaron as coruñesas por 1 a 5, pero daquela aínda non tíñamos blog.

O segundo enfrontamento foi en Xaneiro do 2011 e gañaron as da Costa por 1 a 2 , con goles de Patri e de Lara que marcou gol no seu único partido polo momento  en Autonómica. Si queres ver a crónica de ese partido preme aquí.


No enfrontamento da primeira volta en Vimianzo o resultado foi de 6 a 2 para as locais. Nese partido conseguiron o título honorífico de campionas de inverno. Si queres ver a crónica de dito partido preme aquí.


O sábado as 18 horas no Pavillón de Vimianzo o Fisober disputará, o que co cambio do partido do Riazor, será o último partido da tempada en Autonómica. Será fronte o Cidade das Burgas o filial do equipo de División de Honra.

A tempada pasada este partido supuxo unha data histórica para o clube xa que supuxo o primeiro triunfo na Liga Autonómica, foi por un axustado 3 a 2 pero aínda non tiñamos blog. No partido da segunda volta produciuse unha igualada a tres. Preme aquí si queres ver a crónica.

Xa nesta tempada , na primeira volta o Fisober conseguiu o triunfo por 1 a 5 en Ourense. Preme aquí si queres ver a crónica. Pero ademáis dese partido dispoñemos dunha serie de videos. Dispoñemos do gol de Barca de penalti.


Asimesmo dispoñemos de un par de videos  de dobres penaltis que parou Paula. Un primeiro dobre penalti parado por Paula e a continuación un segundo dobre penalti parado por Paula.

Con este partido rematará a exitosa tempada do Fisober que ademáis de conseguir o campeonato de Liga, recibiu a agradable  noticia da convocatoria de Patri para o adestramento da selección galega, un premio para o esforzo e traballo de todo o equipo. VIDEO A POLA LIGA !

O Fisober ten como mini metas para rematar a tempada, conseguir gañar os dous partidos que lle quedan e rematar con 69 puntos e solo con tres derrotas na tempada. Por conseguinte gañar todos os partidos da casa ata ahora non perdeu punto nin en Vimianzo nin en Muxía onde xogou os seus partidos como local. Rematar a Liga como o equipo menos batido, leva 43 goles en contra fronte os 48 que leva o F. Apóstol. E un que ten moi compricado que sería ser o equipo máis goleador, xa que leva 120 fronte os 128 do F. Apóstol e o Fune xoga hoxe as 20:30 horas  un partido aprazado fronte o Meigas, ademáis  Mos leva 119 e Leis 118.


Para o domingo queda o partido do Fisober B fronte A Fervenza B. Disputarase o domingo as 12:30 horas no Pavillón das Lagoas de Narón, si premes aquí podes ver o localizador de pavillóns da Fervenza eso si ca ruta dende Ferrol pero para dar unha idea, nun partido que corresponde a xornada que debía disputarse o pasado fin de semana.

No filial do Fisober hai dúas noticias a destacar, xa que Martina xa ten o alta médica despois de levar lesionada dende Xaneiro e podería disfrutar de algún minuto. E a negativa e a baixa de Loly que por motivos laborais debe deixar o equipo, dende aquí desexamoslle moita sorte.

Na primeira volta o resultado foi de 1 a 6 a favor das de Narón, si premes aquí podes ver a crónica. A tempada pasada con diferentes xogadoras no Fisober B as de ferrolterra levaronse os dous partidos. Por 1 a 4 nunha maña de domingo en Muxía, aínda non tiñamos blog. E por 5 a 2 noutra maña de domingo, preme aquí para ver a crónica dese partido. De dito partido dende A Fervenza tamén colgaron un video dos mellores momentos que podes ver dende este link.

No hay comentarios:

Publicar un comentario