MUXÍA C.F. : Ángel Luís ( minuto 46 Jose Antonio), Carrera ( minuto 59 Felipe ), Martinciño, Pataca, Currás, Ángel do Claudio, Raúl ( minuto 46 Arxires ), Peski, Julián, Jose Manuel e Juan do Coral.
CERQUEDA : Rubén, Bastón, Cota, Dani, Javi, Manu ( minuto 63 You), Maikel , Dieguito, Dani Añon ( minuto 56 Juanjo ), Lorenzo e Álex.
GOLES : 0-1 minuto 24 Álex, 0-2 minuto 31 Álex, ( descanso ), 0-3 minuto 51 Álex, 0-4 minuto 56 Álex.
Sigue o particular Vía Crucis desta tempada para o Muxía e para os valentes siareiros que o acompañan na Arliña, eso si a tarde era pracenteira, aínda que desta vez conseguiu xuntar catorce xogadores.
Comenzaron ben os da Vila da Barca tentando combinar e combinando nos primeiros minutos. Tendo unha cuantas aproximacións perigosas.
A máis clara despois dun balón parado ,cando Juan do Coral con todo o seu favor errou incomprensiblemente os once minutos de xogo.
Un par de aproximacións máis a balón parado e os locais comenzaron a desinflarse. Os 23 minutos Álex despois dun saque de esquina enviaba as mans de Ángel Luís.
Pero a seguinte non errou e dende fora do área comenzaba o camiño do seu póker de goles. Continuou cun gol de oportunista pouco despois.
O filo do descanso Dieguito tivo o terceiro para os visitantes pero encheuse de balón.
Pensaban os do Muxía que co vento a favor poderían crear máis perigo, pero non foi así. Álex no 51 quitoulles as esperanzas.
No 56 conseguía Álex pechar o seu póker e o partido. Con este resultado relaxaronse algo os visitantes pero as ocasións apenas chegaron para ningún dos dous lados.
Quizáis a máis clara foi para os visitantes que virón como Currás salvaba baixo paus o quinto gol.
Pouco máis que contar da tarde do domingo na Arliña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario