Non quero desaproveitar de escribir hoxe, antes de ver o que
salirá hoxe polas teles e perder a perspectiva ca que rematei onte o partido.
Onte o Real Madrid perdeu unha
oportunidade de ouro de volver a unha final de Champions que non é calquera
cousa.
En quince minutos
todo se puxo de cara 2-0
eliminatoria remontada e o vento a favor. O equipo comenzou apretando
arriba, como nos mellores momentos da tempada e eso deu os seus frutos ante un
Bayern que non é atrás unha cousa de outro mundo. Os cambios de orientación de
meu querido Alonso, xogou algo co freno
de man tiña medo o cartón, buscando a Di María abriron o partido.
Eso si o Bayern tivo a ocasión cando Marcelo por enésima vez
non supo pechar a súa espalda e Robben rematou solo.
Pero resultado lonxe
de axudar foi negativo, o equipo partiuse outra vez máis. Si non estamos
físicamente para apretar arriba pois replegamos, xogamos xuntiños e saímos a
contra para recuperar e noutro momento voltar a apretar arriba. Non sabemos matar estes partidos e pagámolo.
Que obsesión ten a xente con que hai que xogar arriba
sempre, si che da o peito si, sinón recuperas xuntiño atrás e xa volverás a ter
o momento.
Pero lonxe deso, os
de arriba confiáronse, deixaron de axudar as entradas dos laterais e a
superioridade do Bayern no mediocampo e claro ocasión tras ocasión ata que
chegou o penalti. Culpar a Pepe por facelo é moi fácil pero o que non pode ser
que se deixe chegar con tanto perigo por banda o Bayern, súa mellor arma.
O Madrid foi a menos, no físico e na confianza e o Bayern a
máis. A primeira parte foi un martirio a pesar de algunha ocasión que tivemos
as cousas non pintaban nada ben.
A volta do descanso era un bo momento para volver a apretar de saída, ca frescura
de saír de vestiarios e volver a ponernos en vantaxe na eliminatoria. Pero non
foi así os medos atenazaronnos e foi peor ca primeira, eso si o Bayern tamén
lle entrou o medo pero o dominio do xogo foi deles. O mediocampo foi deles,
tiñan sempre superioridade.
E con esto entrou Kaká,
do brasileiro mellor non falar que me quento, un fichaxe por darlle nas narices a Calderón, que foi un rotundo
fiasco e que pechou as portas do Madrid entre outros o gran David Silva.
Partido penoso , retratouse en cada
xogada.
O que non entendín e a saída de Ozil do campo, para min o mellor do Real Madrid xunto con Casillas
e quizáis Cristiano. Baixando melóns, indose por banda, ensinando o balón ……….,
por moito que Álvaro Benito dixera que non ten espíritu para xogar no Real
Madrid outros non teñen nin calidade nin espíritú.
Que esa é outra, sabían
realmente os xogadores a oportunidade que tiñan de xogar unha final de
Champions, deixaron algúns todo sobre o campo. Esperaba un Chelsea con catro
pezas claves sancionadas e Cahill e David Luiz lesionados, chegarán?
Chegou a prórroga e de forma incrible o equipo mellorou, por
unha razón xuntamos líneas e apretamos un pouco máis arriba pero foi tarde e de
nada serviu.
No tema dos penaltis
non digo nada, erra quen os tira, Cr, Kaká, Alonso eran tiradores
contrastados . O quinto supoño que sería o Pipa, e o orden elexiuno Mou seguro
tentou asegurar o principio e saiulle mal. Sergio ou Granero pois cuestión de
confianza, o pirata querería tiralo?
Penoso trala eliminación que Mou, empece a falar de calendarios, do Chelsea , do que el
conseguiu …… o que fixo ou fixese noutros sitios non importa, o que me importa
é os títulos que dea o Real Madrid. Del Bosque conseguíu dúas Champions pero pagou polos seus erros ca saída
do clube, o Real Madrid é tan grande polas súas grandes expectativas, aquí non
celebramos a boa imaxe, nin o chegar ata aquí, as semifinales de Champions son
o mínimo que se pide. E tal como se puxo a eliminatoria casi a final era un
mínimo.
O tema do cansancio
que é evidente, algo de culpa terá
tamén a persona que construe o equipo e
que despois otorga os minutos. Noutros momentos do ano hai que dar algo de
descanso a xente, sobre todo a Xabi Alonso que é a peza clave do REAL MADRID. Que
neste caso é a mesma, aquí non vale mirarse o ombligo e decir que todo se fixo
ben, xa que si quedamos eliminados foi porqué se fixeron cousas mal, moitas ou
poucas pero cousas mal.
O cal non quere decir que Mou mellorou moitas cousas no Real Madrid, cando o ficharon xa debían de saber que era así e si entrara en razón en certas actitudes sería o adestrador casi perfecto, fíxonos chegar ahí outros nin eso, pero debe buscar melloras non enfrascarse.
O cal non quere decir que Mou mellorou moitas cousas no Real Madrid, cando o ficharon xa debían de saber que era así e si entrara en razón en certas actitudes sería o adestrador casi perfecto, fíxonos chegar ahí outros nin eso, pero debe buscar melloras non enfrascarse.
Análisis rápido e para adiante, como dixen onte , hoxe son
un pouquiño máis do Real Madrid, pero vexo e critico os erros, non me escondín
nestes catro anos, aceptei as derrotas, outros cunha mala semana esconderon as
orellas e desapareceron e siguen vivindo na súa nube de perfección, eu non teño
culpa de que non teñades capacidade de autocrítica, pero as derrotas en Madrid
e en todos os lados son debidas a algo non solo a sorte.
Outros artículos :
DISTANCIA
ACÁBASE A GASOLINA
MOU VS VALDANO
THE END
TODOS OS QUE ESCRIBÍN CO REAL MADRID COMO TEMA
Outros artículos :
DISTANCIA
ACÁBASE A GASOLINA
MOU VS VALDANO
THE END
TODOS OS QUE ESCRIBÍN CO REAL MADRID COMO TEMA
P.d. Desaproveitamos tamén a oportunidade de desestabilizar o Barsa , as dúbidas entraron no clube e no vestiario por moito que queiran vender, está clarísimo e si Madrid chegará a facer doblete o mundo ideal viñase abaixo, pero non o aproveitamos. O antifútbol como o chaman eles infunde medo e dúbidas no mundo ideal, tan certo como que se esconderon a primeira na frente os posesión world !
ResponderEliminar