lunes, 2 de abril de 2012

Guntín - Fisober. 3-7.

RESULTADO : CONCELLO DE GUNTÍN – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” . 3-7.

GUNTÍN : Jessica, Paula, María J. , Veronica e Laura; tamén xogaron : Patricia, Noelia, Cristina e Lucía.

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca; tamén xogaron : Noelia, Elsa, Myrella, Ylenia, Eva e Olalla.



ÁRBITRO E MESA : Borja Darriba e Nerea Darriba.

GOLES : 0-1 Ana, 0-2 Patri ( descanso), 0-3 Noelia, 0-4 Ana, 1-4 María J., 1-5 Noelia, 1-6 Myrella, 2-6 Cristina, 2-7 Noelia, 3-7 Patricia.

O Fisober conseguio o sábado 31 de Marzo do 2012  o éxito máis grande da  súa  curta historia o proclamarse a falla de dúas xornadas  Campeón Autonómico de Fútbol Sala Femenino o que lle da billete para disputar o Campeonato de España e ademáis ascenden  a Segunda División Nacional.

O longo viaxe afectou o rendemento  na primeira metade das da Costa. Aínda así Patri mandaba un balón o pau case na primeira xogada do partido.


Os catro minutos era Noelia a que tiña a opción para abrir o electrónico. Os seis minutos respostaban as locais nunha contra pero Paula erraba.

Ata que os oito minutos a capitana do Fisober , Ana abria o marcador encamiñando o título. Pero as locais non querían renunciar a complicar as cousas. Así Patricia probaba sorte de falta, mentras que Paula e Noelia non eran quen de superar a porteira do Fisober , Paula.


Fisober non quería pasar apuros e apretou unha marcha máis, unha xogada de tiraliñas vía como unha xogadora do Guntín salvaba baixo paus o gol de Barca. Despois era Nuria de forte lanzamento.

Ata que a catro para o fin Patri facía o segundo  ante a ledicia dos siareiros que acompañaron o Fisober neste longo viaxe. Con este resultado remataba a primeira metade.

A segunda metade xa foi outro conto. No primeiro minuto Noelia  facía o terceiro e poñía máis terra de por medio.E o partido case quedaba finiquitado cando Ana facía o cero a catro.


Denda ahí  foi unha contra atrás para que o Fisober poidera celebrar o título nun partido moito máis aberto. 

A bulliciosa xogadora local Noelia non era quen de superar a Eva que defendío a portería do Fisober nesta segunda metade.

A visitante Noelia tiña a opción de aumentar vantaxe nun man a man. Os seis minutos e despois dunha serie de rexeites María J. reducía distanzas.


Pero sin apenas tempo para que tiveran un halo de esperanza, Noelia facía o quinto para o Fisober  os  sete minutos.

Os minutos pasaban e pasaban no ida e volta. As locais decidiron tentalo ca porteira xogadora. A sete para o fin Myrella roubaba un balón e marcaba a pracer o sexto para as do Fisober.

Volveron a marcar as lucenses a catro para o fin por medio de Cristina. Aínda así xa nun ambiente de festa total houbo tempo para máis goles.


A dous para o fin Noelia marcaba o sétimo do Fisober de dobre penalti. E as locais para non ser menos tamén o fixeron de dobre a falta de sete segundo.

Pero co pitido final desatouse a ledicia e a festa nas xogadoras do Fisober, que  celebraron o título  xa na pista con champán. Continuou cas típicas duchas nos vestiarios. Seguiu no bus  en todo o viaxe de volta cara a Vimianzo.


En Vimianzo foron recibidas polo alcalde e fixeron un paseo nocturno  en camión polas rúas da localidade para celebrar o título. Rematando cunha churrascada e celebración do título ata altas horas da madrugada.

Grandisimo éxito para un grupo que ten unha media de idade que non chega os vinteún anos. Un grupo de rapazas que na súa maioría formaron parte dos primeiros equipos que tivo o Fisober, fai oito anos cando aínda eran alevíns ou infantiles .  Un Fisober que foi crecendo  paso a paso xunto con elas e despois de tanto sacrificio  consiguen este merecido premio.


Por eso quedará para a Historia un grupo de rapazas que foron as raíñas da pista esta tempada e non foron outras que : PAULA, PATRI, ELSA, YLENIA, NURIA, ANA, OLALLA, NOELIA, BARCA, ALBA , EVA E MYRELLA. Ca axuda cando foi necesario de xogadoras do filial, como María, Inés, Laura, Iria ou Tamara e todas as xogadoras do B que con cada adestramento axudaron a este éxito.

Sin esquencerse de todas as xogadoras, pais, nais, amig@s, casas comerciales, políticos .........que deron o primeiro impulso como daqueles que siguen axudando. GRACIAS !!!

VIDEO : A POLA LIGA !!!  FINALMENTE A LIGA FOI UNHA REALIDADE.

Agradeceríamos si alguén ten fotos do partido ou da celebración que as enviaran o correo electrónico : ohpoofarlina@yahoo.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario