miércoles, 11 de abril de 2012

Patri a selección galega !

Onte xa adiantábamos que participaría nun adestramento da selección e hoxe como a noticia xa saltou a diversos medios, nos tiñamos información privilexiada , pois faremos un paseo polo que contaron eses outros medios.




Patricia Romaní Vilela a muxiana do ano 1991 adestrará este xoves ca selección galega no Pavillón de Roxos nas aforas de Santiago.

Patri leva este ano 30 goles na competición de Autonómica en 24 partidos e nos dous partidos que disputou en Provincial conseguiu 4 goles. E como nos non queremos falar vamos a ver o que escribiron os outros medios.

Así viron a noticia dende Piratas de Muxía.

En Que Pasa Na Costa tamén si fixeron eco da noticia.

En Futbolcoruna tamén falaron do tema


Pero todos os que seguides habitualmente o blog recordaredes o impacto que causou a INOCENTADA  da súa marcha do equipo aquel 28 de Decembro, foi unha autentica bomba no blog e aínda hoxe está entre as 10 noticias máis visitadas.

Por eso non queda outra que felicitala a ela e a todo o equipo pois este é un logro de tod@s, ante a complexidade de que se fixen en xogadoras dun equipo tan pequeno. Esperando que disfrute da experiencia.

A ver si hoxe facemos que esta noticia tamén entre no Top do blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario