MUXÍA C.F. : Ángel
Luís, Carrera, Jose Manuel, Currás, Pataca ( minuto 60 Felipe ), Ángel do
Claudio, Julián, Raúl , Arxires ( minuto 82 Santi Negro) , Juan do Coral (
minuto 35 Miguel Camarón) e Martinciño.
PORTEÑO : Jimmy, Pejo ( minuto 16 Yago) , Brais, Oscar,
Maikol( minuto 82 David cadete), Piti, Cousillas, Asier, Isma, Wii ( minuto 72
Tajes)e Jorgito.
EXPULSIÓNS : Minuto 76 Felipe e Jose Manuel do Muxía por
vermello directo por protestar.
GOLES : 0-1 minuto 14 Jorgito, 0-2 minuto 48 Brais, 0-3
minuto 61 Wii.
O Muxía sigue a acumular derrotas nos seus partidos e desta
vez tocoulle perder no derbi de proximidade fronte o Porteño.
O Porteño tentou combinar de saída na Arliña. Así unha
xogada por banda dereita finalizou cunha chegada dende a esquerda de Pejo que
rematou de cabeza pero vía como Ángel Luís facía unha excepcional parada
enviando a saque de esquina o que parecía o primeiro gol visitante.
Pero non puido frenar o gol de Jorgito que recibiu na área
despois dunha serie de combinacións do seus compañeiros e na maraña de
xogadores adiantou o Porteño de tiro raso.
Pouco despois Juan do Coral levantaba demasiado a bota
impactando na barbilla de Pejo producindolle un corte no cal tivo que levar 5
puntos, tendo que ser sustituido por Yago.
Os minutos pasaban e o partido seguía igual de falto de
intensidade e xogo. Ata que os vintecinco minutos unha xogada local finalizaba
cunha volea de Jose Manuel que enviaba Jimmy a saque de esquina noutro paradón.
O Porteño dominaba pero non era quen de tirar con perigo
entre os tres paus da portería de Ángel Luís e o Muxía apenas chegaba.
Pero nunha das escasas chegadas locais un saque de esquina
de Martinciño foise a escadra os 35 minutos.
A resposta do Porteño foi por mediación de Wii que se
prantou solo ante Ángel Luís pero non foi quen de superalo. De novo Ángel Luís
voltaba a ser o mellor dos locais desesperando os visitantes e facía seguir
vivo no partido os seus.
A piques de chegar o tempo de lecer Martinciño tivo a última
opción clara dos locais en todo o partido.
A segunda metade comenzou case co segundo do Porteño e a
sentencia o partido. Unha moi boa xogada trenzada en ataque polos visitantes
foi finalizada por Brais no área de forte dereitazo para facer o segundo e
sentenciar o partido.
Os locais desapareceron ante a dificultade do tanteador e o
habitual baixón físico. E o Porteño adicouse a tocar sin querer poñer máis sal na ferida.
Aínda así unha xogada por banda esquerda finalizouna Wii no
minuto 61 para matar o partido.
Dende aquí ata o fin pouco máis que comentar. Solo que no
minuto 75 nunha extrana situación cando
o local Felipe estaba sendo atendido
fora do campo e ía ser sustituido por lesión
foi expulsado, supoñemos que protestar , e nas protestas por dita
expulsión foi expulsado tamén Jose Manuel. Co cal os locais vironse obrigados a
xogar con nove o tempo que restaba.
O Porteño adicouse a tocar sin arriscar nin querer aumentar a diferenza ante un rival ferido, e
na única que tiveron nunha contra de catro xogadores contra Ángel Luís , Tajes
encheuse de balón e mandouno fora moi
desviado ante o asombro dos seus compañeiros.
As noticias positivas
no Muxía foi o debut do cadete Santi Negro , irmán do xogador do
Camariñas Adrián Negro e a volta de Miguel Camarón a Arliña, onde se lesionou a
finales de Setembro no partido que enfrontou o Muxía e o Cabana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario