viernes, 13 de abril de 2012

Distancia

Tralo tropezo en Vilarreal un servidor vía que o gran problema era que a gasolina do equipo ía a menos. E despois de ver o derbi do Calderón o mércores opino que eso implica un problema de distancias.



Distancias, dirán vostedes, a caída física que está amosar o Real Madrid ou eso me parece dende lonxe  está a provocar o vello problema no Real Madrid de distancia entre liñas. O equipo volvese a facer longo os de arriba e os de abaixo voltan a estar uns lonxe dos outros. Moita pradera para o rival entre medias e o equipo partido en dous.

O gran xogo do Madrid de meses atrás, ven acompañado dunha presión dos dianteiros e dunha defensa moito máis adiantada, sin apenas ocos entre as liñas, eso fixo do equipo un pisón.

Pois nos últimos partidos, case podería decir  dous  meses eso non está a pasar. A clave como eu sempre digo principalmente é Xabi Alonso. O enorme mediocentro tolosarra e a pedra angular de este Real Madrid e despois de tanto partido está asfixiado.


Si unimos que os seus compañeiros andan no mesmo pois problemas para o Real Madrid. A inmensa calidade dos seus xogadores arranxa as cousas de momento,si funciona a pegada non teñen problema, pero para o último mes de competición , de cara as grandes citas o equipo debe voltar a ser o de meses atrás si quere chegar o éxito. En caso contrario terao moi compricado.

No derbi vironse adiviñaronse estas cousas aínda que a xente se quedara co resultado.Para  estudar, un Kaká pasota, os videos del que puxeron non baixando vianse xa  dende a casa vendo o partido  claramente, cando dobraban por banda o brasileiro pasaba de todo, eso non se pode permitir a estas alturas, xogandose os títulos o clube non pode facer eso. Concedenlle esa liberdade táctica a  Cristiano pero si dous fan o mesmo, poñanse a temblar.


O seu sustituto no partido  Ozil , tampouco está no seu mellor momento e tamén deambulou bastante polo céspede. Xuntámolo con Di María voltando da lesión, o Pipa nun mal momento e Benzema que leva dous malos días e un equipo tan longo resíntese. Tivo que ser CR7 o salvador e boa falta fixo. Algo bo si tiveron cando empatou o Atleti tentaron ter o dominio do balón de novo, básico para un equipo pouco acostumado a defender e correr detrás da bola.

Outro detalle no gol de Falcao, primeiro Arbeloa deixou facer o que quixo a Adrián, señores hai que encimar máis, pode ser que faltara a axuda nese momento pero hai que encimar máis. Despois Ramos mediu mal e Coentrao non  pechou  e non molestou a Falcao, conclusión gol. Erros así fan que te despidas dos títulos.


Por certo na miña opinión o meu denostado Coentrao non foi dos peores o mércores e solo por unha cuestión, como parece estar mellor que o resto no físico loitou moito máis ca maioria, e dobrou unha e outra vez por banda para permitir que Cristiano fose cara a dentro, de feito o segundo gol foi gracias a eso. O equipo necesita frescura, pero os que están frescos non teñen ritmo, a historia interminable ano tras ano.

Comentar tamén todo o que están a esbarar os xogadores do Madrid, dichosas botas modernas, non as proban logo no quencemento.


En definitiva ou nos están a enganar a todos ou deben apretar este último mes e xuntar as liñas para conseguir os máis grandes éxitos, en caso contrario ata o Sporting de Clemente o sábado lles pode dar un susto. Dentro de un mes darán ou quitarán razóns.

ÚLTIMOS ARTÍCULOS :






No hay comentarios:

Publicar un comentario