RESULTADO : FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – VIAXES
AMARELLE B : 0-13
FISOBER B : Martina,
Iria, María, Inés e Laura ; tamén xogaron : Tamara, Mónica, Myrella, Natalia,
Cris, María Maroñas e Catti.
AMARELLE B : Anabel, Peke, María, Cruz e Uxía ; tamén xogaron
: Alba, Yeye, Cris e Laura.
ÁRBITRO E MESA : Ramón Grela e Gerardo Pájaro.
GOLES : O descanso o resultado era 0 a 4, e o final o xa
coñecido 0 a 13 . Alba 2 goles, Peke 2
goles, Cris 2 goles, María 2 goles, Cruz 3 goles e Uxía 2 goles.
Este sábado rematou a tempada para o Fisober B en
Vimianzo e vio como o Amarelle B que se
xogaba asegurar a segunda praza na clasificación foi moi superior e lles
endosou unha goleada.
O resultado explica ben as claras o dominio total das
visitantes no partido, un filial do Amarelle que presionou, loitou e combinou
de principio a fin sin descanso a pesares da amplitude do electrónico, sin decaer no seu rendimento, nin relaxarse en
ningún momento.
O Fisober B, non tivo o seu día o que se lle sumou que case de
saída caeron lesionadas tanto Iria, como a capitana María, lesións que
finalmente parece que non revisten maior gravidade.
A pesar do duro
correctivo na primeira metade as locais aínda conseguiron poñer en algún apretó
a porteira visitante Anabel, por medio de combinacións entre Inés,
Laura e Myrella pero sin chegar a conseguir o gol da honra, cando eran capaces
de saír da forte presión do filial do Amarelle.
O tempo de lecer chegouse con 0 a 4 no electrónico.
A volta do tempo de lecer as visitantes apretaron si cabe un
pouco máis cunha saída eléctrica na que puxeron máis terra de por medio si cabe
despois os goles foron caendo, ata o 0 a 13 final. Un
resultado que lles asegura o subcampeonato por segundo ano consecutivo na Liga
Provincial.
A pesar da derrota o filial mellorou as súas prestacións
durante a tempada, e nesta segunda volta fixeron nove puntos fronte os catro
que fixeron na primeira. Aínda que nos partidos na casa podías a ansiedade e os
nervos por dar unha boa imaxe ante os seus e solo conseguiron tres puntos en
toda a tempada.
O Fisober B remata a Liga na oitava posición nunha competición na que a gran maioría das
súas xogadoras debutaron este ano. E posiblemente tamén puxese fin a tempada xa que polo que se rumorea a día de hoxe a Copa xogarana os catro
primeiros clasificados na Liga.
CRÓNICA DO AMARELLE B.
CRÓNICA DA PRIMEIRA VOLTA.
CRÓNICA DO AMARELLE B.
CRÓNICA DA PRIMEIRA VOLTA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario