viernes, 20 de abril de 2012

Remata a Liga Provincial.

Maña remata a Liga Provincial para o Fisober B e como nas semanas anteriores facemos a previa da xornada a ver si sigue dando sorte.



O partido que enfrontará o Fisober B fronte o Viaxes Amarelle B, será maña sábado 21 de Abril  no Pavillón de Vimianzo as 17 horas para quen queira ver o clásico teña tempo de sobra. En principio será o último partido da tempada para o filial do Fisober xa que según coñecemos a día de hoxe a Copa de Provincial solo a disputarán os catro primeiros clasificados.

O Viaxes Amarelle B , actual subcampeón de Liga e Copa busca un punto que lle asegura por segundo ano consecutivo o subcampeonato. Ademáis ven de golear por 8 a 1 A Salina. O Fisober B buscará rematar a tempada na súa casa deixando a mellor imaxe posible o igual que nas últimas semanas. De feito ven de ganar a domicilio a outro filial o de A Fervenza B por 3 a 4.


No partido da primeira volta o resultado foi dun contundente 8 a 0 para o Viaxes Amarelle B, preme aquí par a ver a crónica, a bo seguro que o Fisober B quererá acadar un mellor resultado ante este complicado rival. Pero xogar como locais pésalle un pouco e notase nos resultados, dos trece puntos conseguidos solo tres foron como locais.

No partido do ano pasado disputado en Vimianzo os tres puntos tamén se foron para o Viaxes Amarelle B nun partidazo por 1 a 2, preme aquí si queres ver a crónica, no que fora un dos mellores partidos da pasada tempada para o grupo que formaba o filial do Fisober a tempada pasada.


Por outro lado o primeiro equipo xa xogou o venres 13 de Abril  o partido que debía xogar esta semana, co cal rematou xa a tempada de Liga Autonómica. O partido fronte o Riazor rematou cun 3 a 5 a favor das da Costa, preme aquí para ver a crónica, e o igual que o filial pero por razóns distintas parece que tampouco poderán xogar a Copa a falta de confirmación oficial . Co cal ata o fin de semana do 15 o 17 de Xuño no Campeonato de España  non terían competición oficial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario