lunes, 16 de abril de 2012

Fisober - Cidade das Burgas. 6-1.

RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – CIDADE DAS BURGAS : 6-1.

FISOBER : Paula, Elsa, Ana, Noelia e Alba ; tamén xogaron : Myrella, Olalla, Barca, Patri, Ylenia, Eva e Nuria.



CIDADE DAS BURGAS : Antía, Sofía, Nerea, Zaida e María Romero ; tamén xogaron : Pamela, María Besada, Namir e Paula.

Árbitro e Mesa : Álvaro Otero e Rita López.

GOLES : 0-1 María Romero , 1-1 Nuria, ( descanso), 2-1 Ylenia, 3-1 Patri, 4-1 Nuria, 5-1 Nuria, 6-1 Noelia.

Este sábado no Pavillón de Vimianzo baixaba o telón en Liga Autonómica, xa que o día antes adiantara  o que debía ser o último partido o día 21,  a tempada máis exitosa da Historia do  Fisober, na que consiguio o Campeonato de Liga, facer pleno de victorias na casa, ser o equipo menos batido e solo perder tres partidos en toda a tempada, non cedeu nin un empate. Ahora en Xuño espera o Campeonato de España.

Pero todos eses logros quedaron ensombrecidos pola lesión de xeonllo de Elsa que tivo que abandonar  o patido  e  tras paso polo Hospital  está a espera de máis probas para  que o traumatólogo lle dea un diagnóstico definitivo.


O igual que fixera o día anterior, o Riazor, o Cidade das Burgas tamén fixo o pasillo as recentes campeonas de Liga.

No extrictamente deportivo os tres minutos Ana poñía a proba a porteira visitante que tivo unha excelsa actuación sobre todo na primeira metade. E un minuto despois foi Noelia a que tivo a súa opción.

Pero todo quedou nun segundo plano cando nunha xogada fortuita Elsa tivo un problema no xeonllo tendo que ser retirada da pista.


Esto non sentou nada ben o Fisober e a visitante María Romero  aproveitou para adiantar as súas.
Ana respostou con dúas oportunidades para a igualada. E de novo a ourensana María Romero pudo incrementar vantaxe pero non pudo superar a Paula. E casi sin tempo para respirar a que tivo a oportunidade para igualar foi Ylenia.

Chegaron unha serie de minutos sin apenas ocasións claras, ata que nos últimos minutos antes do tempo de lecer as locais tocaron arrebato. Patri vía como a porteira visitante facía dúas intervencións felinas ante sendos disparos.


Pero non pudo facer nada cando a dous para o fin Patri vio un oco para enviar a Nuria e esta regateou a porteira e casi sin angulo empataba o partido. Sin tempo para respirar Patri recuperaba o balón e mandaba un chutazo o longueiro.

E a segundos  para o fin era Noelia quen pudo poñer en vantaxe as da Costa.

O tempo de lecer foi un bálsamo para as xóvenes xogadoras visitantes, que saíron como tiros e dominaron os primeiros minutos deste tempo. Poñendo en continuos  apuros a unha Eva que se mostraba infranqueable.


Pero as visitantes non aproveitaron as súas opcións e os minutos, pasaban e os seus folgos ían a menos.

E  desfaleceron cando no minuto nove Ylenia marcaba entre as pernas da porteira o dous a un despois dunha grandiosa xogada colectiva. Dende aquí solo hubo un equipo na pista, o Fisober  foi intratable e os goles e as ocasións foron caendo.

Os once minutos Patri collía o balón no seu campo e despois dunha xogada personal facía o terceiro local. E no mesmo minuto era Nuria quen facía o cuarto.


As xóvenes xogadoras  visitantes que tan bo partido estaban facendo ata aqueles minutos non eran quen de frear as embestidas do Fisober e Patri e Nuria tiveron oportunidades para aumentar o electrónico.

Cando restaban catro minutos para o fin Nuria conseguía o seu terceiro gol na tarde e o quinto do Fisober. Sin respiro Patri casi marca o sexto.


Un sexto e definitivo gol que conseguía Noelia a tres minutos para o fin. Patri non paraba e quería máis e mandaba un disparo o pau. O cal respostaba a visitante  Namir  mandando o longueiro.

Antes do fin Olalla pudo facer o sétimo e Patri tiña dúas novas oportunidades nos últimos segundos.


Rematando así a exitosa tempada 2011/12 na Liga Autonómica para o Fisober, que xogará no fin de semana do 15 o 17 de Xuño o Campeonato de España que se disputará na Coruña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario