jueves, 27 de noviembre de 2025

A propósito de Xabi.

 Sabedes ben os que ledes o blog que con Xabi chegaba a ilusión pero uns meses despois non queda nada daquela ilusión nin para un servidor. Chegou prometendo Rock and Roll e temos a versión dous do Carletto do ano pasado.


A este Madrid faltalle fútbol, personalidade, intensidade e xerarquía todo iso que nos fixo dominar Europa nos últimos anos. Namentras non se tomen decisións dende o banco e o palco, na Liga, Copa ou Supercopa poderás tirar de calidade, físico, oficio ou da superioridade e gañala si che deixan, pero en Europa que é a proba do algodón, non vas rascar nadiña.

O plantel é un remexunxo de xogadores que subiron un pouco o plantel, pero entre uns que están sen facer, outros que non están nin queda nada que esperar deles e algún que sobra, pois Xabi está no precipicio de darlle a volta a dinámica do ano pasado, tomar decisións e competir dende xa, ou ser un títere.

Que non é gañar ou perder, con este equipo vas a gañar moitas veces como dixemos, pero o mister está en modo amarrategui e aburrido. Cada partido ves o bo que era Kroos ou Modric, a falla de personalidade para sacar a bola. Ninguén levanta a man cando ven o temporal. E o sistema tampouco aporta nada cando ven o mal tempo, bolas a Vini e Kyli.

O Madrid non ten ritmo de elite. O ritmo de xogo non é solo correr, é gañar duelos, estar concentrados en cada acción, ler que facer cando che presionan, o problema é que non temos nada diso.

O Madrid actual non ten talento para xogar a ese ritmo que demanda Europa actualmente, estamos entre augas, non sabemos se ir a presionar ou quedar, iso é a morte. Cada partido pérdidas absurdas de balón, regalos infantiles, non se gaña un duelo, non hai enerxía, non hai talento con balón nin colectiva, nin individualmente. Non sabemos defender o area, non falemos de Carreras onte, porque por favor. Non hai xerarquía, nin mentalidade de competir.

O Madrid actual non é un equipo para disputar a Champions e ten que ver coa falla de talento e mentalidade que se necesita. Despois chegará o vran e diránnos que o único medio fichable é peor ca Ceballos ou co centrocampista de turno do Castela que nunca chegará a debutar arriba, por certo tanto Nico Paz, que no xuvenil xogaba moitas veces atrás, coma Chema están a facer moi bo ano no seu Erasmus.

Pero o grave é que estos xogadores crense estrelas mundiales. Ti velos antes de saír o campo e ves que viven nos Mundos de Yupi, de risas, con falla de concentración e tensión. Estes xogadores actuales quitáronlles os xerarcas e quedaron unha panda de flipers sen idea de xogar ou competir nos grandes partidos.

O peor que pode facer o Madrid é enganarse a si mesmo porque eso nos convirte nun equipo perdedor, algo que non somos, nin debemos ser xamais. Da a impresión que os xogadores tratan o mister coma un chiflo. Si Xabi pensa que lle están a facer a cama, ou senta esa xente, ou colle a maletiña, pero o que non podes é non facer nada. 

E si queres xogar a algo, pero non tes as pezas axeitadas para iso, pois terás que adaptarte o que tes, cos xogadores que tes e buscarlle solución, non inmolarte. É un risco xogar o que tes na cachola se os xogadores non se adaptan ou non che fan caso. No Real Madrid, hai que sobrevivir, como fixeron Carlo ou ZZ. Porque a día de hoxe estamos en terra de ningures, sen ilusión ningunha.

Despois está o de confiar constantemente en Rodrygo, Brahim e deixar os de arriba ainda que pasen de todo, pero non darlle bola a Endricki e Gonzalo, creo que poden partir un día, coma os outros.

Hoxe o cabreo que tiñamos polos cambios, reduciuse o saber da gripe de Cama e da situación persoal de Asencio, pero non darlle un partidiño a Endricki, manda moito conto. Por certo moi ben Vini onte, a ver si xoga o fútbol e se deixa de poñerse co mister, que pensan todos que son Cristiano.

A ver si vamos tendo tempo para falar un pouco máis do equipo en próximas ocasións

#RealMadrid #XabiAlonso #RealMadridCF

Anteriormente:

Hi Xabi.

Falan do Madrid.

Eu non sei nada Sison. and Super ninio.

Palabra de Valdano.

Ciao Carlo.

Noite en San Blas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario