martes, 17 de junio de 2025

Hola Xabi.

 Mañán chega o día do debut do Real Madrid de Xabi Alonso, non vou a negar que fai moita ilusión neste blog, onde sempre fomos moi de Xabi e que os últimos meses estábamos moi desencantados co equipo.



Ven a comerse un marrón guapo, xa que vai ter a esixencia dun título que lle fai moita ilusión ao presi e a un servidor tamén, pero a final de tempada, con medio equipo lesionado, sin poder adaptar moitas cousas a el. Ademais vai empezar a próxima tempada sen pretempada e co máximo rival nacional con vacacións, pero igual esto é o karma de cando nos deixou tirados a un día de fin do mercado, que eso non se esquence, igual a muller tampouco, polo que dicían os rumores.

Ilusión máxima por aquí o que non quere dicir que despois non se pegue un peñazo, pero ilusión temos, ó estilo da chegada de Mou para moitos madridistas. Un xogador desa corda, o que vai facer que reciba de tódolos lados por parte da prensa.

Moveuse ó árbore e iso en fútbol moitas veces é bo. Igual ademais de Lukita, ten que saír algún máis. Hai que falar de Rodrygo, borrouse ó final da tempada e isa é unha liña vermella en calquer club e máis no Madrid, ten unha cruciña na cachola.

O Madrid de Xabi inicia un ciclo dende cero. Exactamente o mesmo que pasou con Mou. Hai que construir unha indentidade de novo, mudar rutinas, métodos, maneiras de afrontar a competición. Para iso a sangue nova é decisiva para poñer a andar ós acomodados.

Co trauma que temos ca saida de balón, a ver si TAA e Jusein a melloran, porque a iso veñen, porque en defensa a realidade é que son bastante brandos. Confío en que Xabi construía pontes no xogo, no que estes dous axuden moito, e fagan o que el facía, atallos entre lineas con balóns longos. Porque o Madrid dos xerarcas, tiña a Kroos e Lukita pero tamén outros que axudaban na creación, como Ramos, Marcelo e Karim.

Claramente todo non era perfecto porque nos limpamos o adestrador do masculino, feminino e filial.

Unha das tarefas máis importantes e máis difíciles de Xabi, non é que Mbappé presione e que toque o balón o menos posible, el ten que ir o espazo, non combinar. Por certo está enfermo, igual nin debuta mañá, quero ver eu o once e os minutos dos trocos.

Xabi ven como dixo a encender a afición, que estén orgullosos do equipo que ven no campo. Trasmitir emocións e ledicia. Que a xente vaia ó campo a disfrutar. Que nos vexan na tele e digan ese é o meu Madrid. Si acadamos iso, teremos unha forza incrible.

Insistiu moito en ser un equipo con identidade, con enerxía e que conecte co siareiro. Falou de sensacións, non de resultados. Creo que dende fora veu claro que o problema foi a apatía e a desgana, de xogadores, directivos e siareiros. Vai ser intervencionista, o contrario do que tivemos nos últimos tempos. A ver si conecta cos xogadores, porque como non queiran, mal irá.

Espero que veña a traballar e mellorar ós xogadores. Que non veña a facer amigos e postureos, que xoguen os que o merezan. A construir un gran equipo. A ver que sale.

Gañar e destruir, ese é o meu Madrid, Xabi. A min vólveme algo no peito que estaba durmindo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario