jueves, 13 de marzo de 2025

Noite en San Blas.

 Vamos a deixar unhas palabriñas sobre a longa noite de onte no San Blas madrileño, onde tan "ben" queren o madridismo.



A Champions quéreche cando fas por querela, cando tes máis corazón ca ninguén para lograla. O de onte foi un insulto, un ridículo, unha vergoña, pero claro dona Champions deunos outra oportunidade. Porque o Madrid quizais non mereceu pasar a cuartos, pero un Atleti cagón tampouco. Se nos colle o Arsenal ou o PSG con estas ansias acaba en tunda.

Pero claro o mister mellor pagado do mundo quedou eliminado por nos de novo, por cagón, por non ir a matar o Madrid, e buscar os penals, facendo o ridículo no céspede. Agora vanse centrar no penal de Juli en lugar de pedir explicacións o seu mister. Novamente contra un Madrid menor foi incapaz de dar un paso adiante. Están tan cabreados, que terán que perder cos do país pequeniño para voltar a contentarse. É moi listo o mister, e sabe que ten que aferrarse ó penalti para que non falen de que non foi a por un Madrid feito papilla. Se o fai certo portugués o que lle caería. Alédome moito polos periolistos que tanto o idolatran, eses madridistas disfrazados da palanca mediática, xa lle farán a palanquiña para mudar o relato coma sempre e tamén me  aledo polos antis que tanto sufren e xa teñen de que falar, felicidades, en abril xa tedes equipo que animar, un de London. Agora xa teñen de que falar, van dar gusto as tertulias cos sufridores amigos do productor, xa nos poden vender que solo foi un toque.

Ver rabear ós antis tamén é un gustazo, ata por momentos perdono ó Carlo.

Por certo de novo dous madridistas a salvarnos, Llorente a trabe é o novo Juanfran o pau, e o noso querido Juli o cal os pais non lle deixaron vir con once anos, e o seu extrano penal.

E é que os únicos equipos que non nos tiveron medo esta tempada, pasáronnos por encima, Barça, Liverpool e Milán.

Agora toca falar un pouco de nos. Non temos un xogador que esté medio decente, igual Fede. Incluso onte Jude foi un pasota ata a prórroga, como se estivera ata os mesmisimos de correr por todos. No tempo extra voltou a ser o que nos acostuma.

Os xogadores estiveron moi alonxados da esencia do Madrid, traballo, concentración e sobre todo intensidade, foi dantesco. Creo que nos nas nosas casas, tiñamos máis intensidade que os do céspede. Claro na ida Brahim parecía que ía posto ata arriba, hiperáctivo, loitando cada balón, Jude onte non o fixo, Bueno e Brahim cando entrou tampouco.

Que o equipo salga constantemente cos brazos caídos, sen tensión, sen saber que facer co balón, e que iso ocurra no partido máis importante do ano , indica ca mensaxe leva moito tempo sen facer tilín nos xogadores e o fin do Carlo debería ser inevitable. É inviable que un equipo sen fútbol e cheo de deixadeza xeralizada chegue a algo. Por moita calidade que teña, na Champions é imposible, aínda pasando onte. Porque despois de gastar moitos quilos, non temos un xogador que distribuía. E claro como non fichastes ninguén para suplir a Carvi, non podes subir a Fede que deu ritmo, porque quédache unha autopista no lateral.

Pasar de Toni e Lukita a nada é grave, por iso se nota tanto Ceballos que polo menos ten algo de fútbol.

Chegabas co dous a un, pero deixastes marcar na primeira xogada porque sales sen tensión, nin que forzar tiveron eles.

O partido de Vini era para quitalo antes, chupounas todas e non voltaba nin unha sola vez. Foi lanzar o penal no campo onde máis o odian e onde máis acelerado e fora de si sole estar, e mira que xa se lle vai moitas veces.

Tibú está en plan Íker, vive debaixo dos paus, por esa razón onte pechaban tódolos saques de esquina, leva un tempo sendo así, por arriba da máis seguridade Lunin ca el, parece mentira.

Curioso vai ser tamén imaxinar a Arteta, tentando descifrar o balón parado do Madrid lanzado por Lucas Vázquez. Onte errou incluso no que nunca erraba, os penals. Pero claro despois non queremos a Miguel por oito quilos para o lateral esquerdo. Nin queremos un medio xogon, nin queremos probar chavales durante o ano, non vaia sairche un Asencio, nin queremos darlle minutos a Endricki e Guler. Solo queremos xogar con once e que vaian rotando según se lesionan.

Recordemos a charla do Atleti deuna o mister, a do Madrid o señor Lukita, que no céspede xa non da para moito, pero bo é. Por certo si contaba poñelo titular, para que o matou contra o Raio, cousas que non entendo.

Bappé está outra vez para o arrastre, a xogada do penal e para.

Como di Ali: " Somos ese alumno adolescente con IQ de superdotado que chega tarde a clase, é indolente, altivo, sobrado e que vai sacando as cousas a última hora tirando de capacidade natural, e que ten xente ó redor que lle ríe as grazas e xustifica a súa forma de ser."

Polo menos onte vimos brotes verdes en Cama. Botouse o equipo ó lombo cando ninguén o esperaba. Segue a ser o mesmo xogador  revolucionado e anárquico de cando chegou, pero con Fede e Jude, son xogadores que sempre gusta ver, sen medos, e sempre cara arriba.

Nos penals vennos deus a ver, porque os tres primeiros moi ben tirados, pero o de Lucky e Rudi, en fin, e a sorte con Llorente e Juli.

Porque un pode ser crítico, estar descontento co Carlo e celebrar pasar a eliminatoria. O bonito é ser madridista pero ver as cousas. Como un respeta as opinións dos demais, que respeten que lle demos un pouco de caña aquí, seguimos sendo madridistas igual, pero queremos o mellor para o club e pensamos desta maneira. É divertido compartilo por aquí e cos grupos de redes, porque cada un ten a súa opinión, aquí somos un pouquiño "Pepiño Grilo", pois si.

De novo Ali para rematar: "O resultado non che da a razón, pase o que pase. A razón dacha a túa capacidade crítica, o camiño que che leva a defender unha opinión. Iso é o que a fai valiosa. Porque o fútbol é unha ciencia social, non son números."


#RealMadrid #RealMadridCF

Anteriormente:

Stop crying.

Luar na lubre.

Toco e voume.



No hay comentarios:

Publicar un comentario