jueves, 7 de octubre de 2021

Lucho.

 Uns pandullasos sobre o Lucho. Como ben di o susodito, el sabe moito máis de fútbol ca nos e ademais ten máis información. Tamén é soberbio, chulo e fáltalle un pouco de humildade, coma Mou vaia, na nosa humilde opinión, claro está. 



Debemos pensar porque o vamos a xulgar, se coma adestrador ou coma persoa. Gústenos máis ou menos, paréceme un gran adestrador, con esas listas que parecen de chiste e solo para fastidiar a prensa, está construindo un equipo no que cre e no que os convocados creen, sin estrelas. Que compite por encima das súas posibilidades, que tanto che sofre contra Kosovo, coma fai partidazos fronte a campiona de Europa. Non é esclavo dun tipo de xogo, e non se casa con ninguén, recordemos como sentou a Messi no seu día, e as críticas que recibíu no Camp Nou polos diferentes estilos de xogo.

Un par de apuntes máis, se pensan que como madridista me importa que non vaian xogadores do Real Madrid a selección, coñécenme ben pouco. Por min se non vai ningún con ningunha e descansan todos. Non hai máis que ver o ben que lle sentou a Karim non ir, era xenial, agora unha penuria, ademais do cansanzo os riscos de lesión que teñen.

Para rematar, Gavi paréceme que vai para crack, outra cousa distinta é o tema de Eric García ou Abel Ruiz, que na miña humilde opinión non dan o nivel. Pedri pode valer pero non lle chega a sola dos zapatos a Gavi, o tempo dará e quitará razóns.

Levo pedindo fai tempo para o Madrid alguén que aposte cegamente polos Chust, P. Ramón, Miguel G., Blanco, Morante, Arribas ou incluso Marvin no papel de LuckyV. Nin poñelos a todos xuntos, nin expoñelos, pero dous no once de vez en cando é posible antes ca os desterrados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario