miércoles, 23 de noviembre de 2016

Volvendo os poucos!

Non recordo a última vez que escribín algo para o blog. A falta de tempo principalmente e a falta de ganas tamén un pouco destes últimos meses xunto cos bos resultados do Real Madrid todo hai que dicilo fixeron que sucedese. Outra razón pode ser os poucos partidos que lle podo ver últimamente o equipo. Pero hoxe voulle escribir unhas letra para saír do letargo e a ver si volvo coller a boa costume de escribir. Nos será moito, non será de algo específico pero algo e algo.


Dubidaba entre falar do xogo do equipo , o pouco que podo ver bastante malo por certo, e o activos que vexo os anti, están sufrindo bastante e pasan a acción, pobriños eles que non facían deso, que solo se basaban no bo xogo e na canteira, contan nos seus bares  que desapareceron ambas cousas,  en fin. Mólalles falar da celebración de CR, da súa orientación sexual, do que lles dí os rivales……., aqueles que vivían no mundo da perfección son coma nos pero non son quen de recoñecelo.

Cada vez que me toca ver un partido do Real Madrid, normalmente entre semana, resulta un partido un pouco peor co anterior. Bueno hai un que non, foi o de Copa fronte a Cultural, aínda que non debería de valer para desfacer a norma.

Do partido de onte fronte o Sporting de Lisboa, sacando a Varane e Kovacic o resto un desastriño. A miña confianza en Kovacic, sigue sendo a mesma dende o primeiro día, para min sempre foi un gran fichaxe e está empezando a demostralo cun pouquiño de confianza.

A causa do desastre de onte, o meu entender que estaban fundidos do partido do sábado, que din que o fixemos tan ben. Fundidos psicolóxicamente, é normal baixar un pouco despois diso, e fundidos físicamente. Foi o peor partido que lle vin a Lucas Vázquez e Lukita Modric no Real Madrid, para que Lucas non baixe xa se pode creer.

Polo tanto Zizou debeu rotar algo, como normalmente fai , por certo. Xa sabemos que a enésima praga de lesións que temos, digno de estudio non llo permite pero algún cambio máis ba alineación titular puido facer.

Digno de estudo é o tema Coentrao, o cal me parecía un xogador válido na súa primeira etapa no club, un bo suplente para Marcelo, pero agora é xa un ex xogador. Poño antes a Nacho, Ignacio sempre na miña plantilla,  ou a Danilo que meu pobre tamén cada vez que entra que a el. Zizou saberá, pero ata el recoñeceu que non está para este nivel.

Pois iso que os partidos que lle podo ver o Real Madrid, vexo o equipo bastante mal, pero claro así de mal vai líder na Liga e clasificado na Champions e tes que calar. Ademais quizais na Champions ata teñas mellores cruces sendo segundo que primeiro, polo menos a día de hoxe iso é unha rara realidade.

Vou puntualizar unhas cousiñas antes de rematar, sigo pensando que Cristiano debería de ser traspasado, non porque xa non sexa válido que o é, pero debe darse de conta que o verdadeiro líder do equipo agora é Bale, o xogador que mellor vin estes meses por certo. Si fora consciente disto e de que hai que ir o banco de vez en cando quedaría con el, pero como sei que non o fai pois hai que traspasalo. Que boa sería a xestión do vestiario sen el o meu entender.

Bale é o novo líder sobre o campo, o xogador máis desequilibrante  do equipo con diferenza. E Karim sempre me gustou, o dianteiro  perfecto para a B e a C. Confiemos que as lesións de Marcelo e Bale os permitan chegar o Campo Novo , son dous xogadores capitais neste Real Madrid.

A venta de James xa tarda por certo, en decembro chimpabao e traía de novo a Marcos Llorente, o centro do campo está a ser o posto onde máis estamos sufrindo as lesións. Lukita necesita descansar , xogar o necesario solo.

E  igual penso Zizou non xoga a nada e non ten nin idea do táctico, solo é un xestor de vestiario, mentira claro o que non temos idea somos nos, pero gústanos dende a casa ser os amos e xogar o eterno PC fútbol.


Pouco máis que dicir , isto foi solo para ir volvendo a rutina e a ver si volvo a escribir con asiduidade. O Lolaso espero que tamén lle toque en breve. 

Últimos artículos sobre o Real Madrid :

Despedida.

Costuriñas.

Xuntouse todo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario