Este blog naceu coma un blog deportivo pero
fundamentalmente para que un servidor puidera escribir e desafogarse e como no verán non hai tempo para ver moito ao Real
Madrid e non vou crear outro para estas
cousas pois vou largarlle outra de
divagacións das miñas. Prometo que a partires da próxima semana volverei a ver
partidos, ou iso espero. Escribir sempre
foi un desafogo e hoxe toca esta vertente, teño unhas gañas
incribles de escribir a miña maneira que
se lle vai facer. O difícil é que teñan xeito e sentido as palabras que escriba.
Normalmente temos a tendencia a desafogar a nosa irá con
quen non ten nada que ver e perdoar a quen nos fixo dano.
Hai quen nos fai dano de maneira consciente e
quen o fai inconscientemente porque quizais non lle importamos o suficiente, e
un pequeno tanto por cen que nos fai dano sen querer a pesares de que realmente
lle importamos. Equivocámonos cando gardamos todo dentro, cando acumulamos lixo
no noso interior, acumulando, acumulando , ata que un día chega a estoupar con quen non o merece. Cando para protexer os demais, nos facemos dano a nos mesmos, cando
antepoñemos os demais a nos.
Non é tan difícil sacrificar algo por alguén, o difícil
é atopar alguén que mereza o teu sacrificio. Pero nunca te arrepintas de dar todo por alguén.
Aínda que non o valoren, o día de mañán ti o esquencerás e volveras a dalo
todo. Sen embargo ese alguén recordarache cada vez que alguén lle falle. Que
tan fácil é escribir e dar consellos pero tan difícil despois aplicalos con un
mesmo, verdade? Ninguén está “moi
ocupado” todo o tempo. Solo depende en que número estes nas súas prioridades.
Así de simple, así de compricado.
O que conta a veces non é o que se da senón o
que se cede e aquí o orgullo moitas veces xóganos unha mala pasada. Desexamos
facer unha cousa pero o orgullo, o noso querido orgullo non no lo permite,
deixando pasar quizais a oportunidade da nosa vida. Esas oportunidades perdidas
que nos atormentan ao longo do tempo. Nunca pensamos que igual tomar aquela
decisión quizais empeoraría máis as cousas, sempre pensamos que nos iría
mellor, para isto si que somos positivos eh !! Que tan ilusos somos oh !
E claro despois somos impulsivos cando debemos de ser pacientes, e
pacientes cando debemos ser impulsivos. Todo o revés vaia. Cantas veces tiramos co orgullo o chan en outras ocasións
nas que si debíamos ser orgullosos. “ O camiño
o inferno está edificado de boas
intencións.” Ou como dicía H.
Kissinger : “ Non sei cal é a clave do
éxito , pero si sei cal é a do fracaso : tratar de compracer a todo o mundo.”
A salvación neses días, semanas, épocas malas
podería estar en algo tan simple coma un bico na frente a unha amiga ou
dunha, un abrazo a outra que unha vez o foi. Un “juasap”, un café, unha
quedada, ou unha chamada. Recoñecerlle aquela vez que te equivocaches . A simpleza dos actos
aparentemente sen importancia, dos pequenos recordos, dar o primeiro paso para
arranxar as cousas que acto tan difícil e que tantos problemas nos podería
solucionar. Culpar de todos os nosos males os demais e non mirarnos ao espello
recoñecendo a nosa parte de culpa en todo o que nos sucede. Un servidor é dominado polo orgullo debo
recoñecelo, o lado escuro da forza.
Como dicía Coelho en Once
minutos : “ …. descargamos sobre outra persoa toda a responsabilidade para
a nosa felicidade e toda a culpa sobre a posible infelicidade. Estamos sempre
eufóricos porque algo grandioso nos sucedeu
ou deprimidos porque algo inesperado destruiu todo. Apartarse da paixón
ou entregarse a ela, que actitude é menos destrutiva.”
Tamén poderíamos aplicar o que dicía a protagonista no alegato final de , He´s just not that into you : “A veces
concentrámonos no final feliz que non aprendemos a interpretar os sinais a
diferenciar entre os que nos queren e os que nos utilizan. Entre os que van
quedar e os que se van ir. Pero quizais o final feliz non inclúe a ninguén,
quizais ese final es ti solo recollendo
os anacos e volvendo a empezar. Liberándote para atopar algo mellor no futuro.
Quizais o final feliz solo consiste en seguir. Ou quizais este é o final feliz
: Saber que a pesares de tódalas chamadas e corazóns rotos, a pesares de
tódolos erros e sinais malinterpretadas
, a pesares de toda a dor e a vergoña, ti nunca, nunca perdiches as
esperanzas.”
O problema é que despois de todo o vivido,
aínda pensas que algo che vai saír ben na vida, e volvemos a ese circulo
vicioso no que a esperanza, o medo e a desilusión se mesturan. Lei de vida para
moit@s.
P.d. 1 : Aparentar ser sempre forte e
indestructible, non é sano, a veces hai que derrumbarse e deixarse salvar.
P.d. 2: Non necesitamos revivir
os nosos medos, o que necesitamos
agora e tratar de superalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario