viernes, 29 de julio de 2016

Divagando.

A partir de hoxe ( bueno de hoxe non tecnicamente  do día 1 ) as cousas volven a retorcerse, firmado estaba, pero algo na miña mentalidade cambiou fai un par de meses  e a ver canto dura. Viña/mos  de dous veráns moi malos e había que cambiar algo.


O único que sabía é que, un minuto estaba ben e non parecía faltarme nada e ao seguinte , dispersaba comezaba a desvariar e outra vez morrendo por escapar. Algúns pensarán que sigo desvariando despois de ler isto.

Tempo atrás tiña medo de querer calquera cousa, xa que o querer levaría a tentalo, e tentalo levaría o fracaso. Pero ultimamente  non podo parar, sábeno ben as que me aturaron nas últimas semanas, quero ser a mellor persoa que poida, pero non quero quedar sentado e poñer a vida dos demais por diante da miña, creo que debo ser un pouco máis egoista,  quero gañar e que a xente se alegre, quero perder e superalo, non quero ter medo do descoñecido ( vexo difícil en min pero ), quería crecer para ser xeneroso coma a xente o foi conmigo, sobre todo cos meus pais e a miña familia que mo deron todo sen esperar nada a cambio. Ou os amigos, os verdadeiros amigos, non son solo os que ves a diario senón tamén os que aínda que non os vexas fisicamente sabes que están contigo , ou  os coñecidos tan  importantes tamén. Síntome afortunado neste sentido.  

Quería unha vida interesante e sorprendente, non é que non crea que aínda podo  ter todo iso, solo quero a posibilidade de telo, a posibilidade de que as cousas van cambiar ( quizais xa a teño e non me dei conta, algunha que outra historia para recordar hai ). Non é bo deixarse arrastrar polos soños e olvidarse de vivir, debo recordalo !!!!!!  pero hai que soñar, ningunha forza e tan importante e tan poderosa como a esperanza.

Dinme conta de que a vida non é xusta para ninguén, non solo para min. Gañes ou perdas , de calquera das maneiras o sol saíra a mañá seguinte, bueno iso en Galicia é un dicir.


Debes recordar :

Albert Espinosa : “ As grandes cousas están feitas das pequenas. Si coidas as pequenas cousas convertiralas en grandes. Si coidas solo as grandes sempre serás pequeno”.

Verónica Roth : “ Algunhas veces as persoas solo queren ser felices, incluso se non é real.”


OTH: “ Algunhas persoas nunca chegan a rozar seus soños. Nunca chegan a saber que se sinte ao facelo, ao atopar iso que aman, o poder facelo o resto da súa vida. ¿ Entón é unha traxedia que che quitaran teu soño? Non. A traxedia sería estar na cama esperto pola noite preguntándose : ¿ Que pasaría se ….?

No hay comentarios:

Publicar un comentario