O sábado tiña un sentimento especial de cara ao partido do Real Madrid, non sei as razóns, quizais por todo o que pasou durante o 2022 no persoal, quizais porque me acordei dos que non están, quizais porque me viñan os sentimentos da sétima a cachola, porque un xa se vai facendo maior e vive os partidos de forma diferente, pensando no seu pai que foi o que lle inculcou o madridismo, de que agora chega o sobriño por detrás, quen sabe pero sensación de día grande, non en vano era a final do Mundial, a que a postre foi a nosa #W8rldChapions.
E como mo tomei tan en serio prometín unha tomar unha birra si se conseguía o triunfo. E por iso me disgustei un pouco cando vin a aliñeación. De feito comenteino no grupo que temos compañeiros e ex compañeiros de choio, un grupo moi madridista por certo. Comprendo que os Kroos, Lukita, Karim ou Alaba se mereceran xogar a final polo que fixeron o ano pasado na Champions. Pero non menos merecido o tiñan os Ceballos, Rodrygo ou Nacho, son hateador nato do Carlo, sabédelo os que me leedes por aquí e os do grupo tamén. Pero hai que ser xusto con todos.
Como di Javicrossman: "Porque o problema é que un xogador de rol non pode eternizarse ou perde a ilusión necesaria para exercer ese papel. Un xogador dese estilo debe sentir que pode chegar a ser titular, porque senón perde o empuxe necesario para aportar cando lle toca. Pero ao eternizarse coma xogador de rol, pérdese a perspectiva de poder ser titular e deixas de ser útil. Por eso os postos de rol son complexos de xestionar, para o club é fácil ter isos postos fixos, pero ter isos postos fixos eliminan a utilidade desa figura."
Pode ser que Nacho igual non porque viaxou a ver a súa nova criança, que Lukita e Kroos merecen todo e que Karim é o Balón de Ouro, si é certo. Pero Nacho a día de hoxe é o noso mellor defensa despois de Militao. É o noso mellor lateral dereito, esquerdo e central. Lukita e Kroos non poden xogar xuntos xa nun partido de nivel e Karim viña de lesión e é o noso único nove, demasiados riscos tomamos.
Despois dun arranque impresionate e co dous cero, deixámonos ir coma sempre, con Rudi e Ala que están nun estado lamentable e con Cama que ten lagoas no lateral. Por certo en ataque suma moito e dalle unhas saídas a Vini moi boas, por eso está rendindo tan ben o brasileiro con el. Pero en defensa sufre, non é Mendy. Por certo non sei porque a xente se queima tanto co bo de Ferland si é chave para nos en partidos Top, co seu potencial defensivo.
Despois na segunda metade apretamos outra vez e vai o Carlo e tolea da cachola cos trocos, pero o máis lamentable foi poñer a Vallejo de lateral. Se queres darlle un premio o chaval pono no seu posto e pasas ao lateral a Rudi ou Nacho que o van a facer mellor, así voltas poñer aos pes dos cabalos a Vallejo. Por sorte Marega non fixo o cinco a catro senón ían ser risas. E por último non lle da, nin uns minutiños a Arribas, en fin, hateador do Carlo somos.
Por certo gran triunfo do Castela en Córdoba pragado de baixas, igual algún aporta máis cos Odri, Hazard, Mariano e o propio Vallejo, para outro tema da isto.
Ao final triunfo e ledicia, como dixen a un servidor facíalle ilusión o título por raro que pareza, xa que hai que gañar a Champions para estar aquí, ademais posiblemente sexa o último título desta xeración e do Carlo aquí.
Agora queda rodar xente en Liga para asegurar o segundo posto e ir a Supercopa e compricarlle as cousas o máis posible o Barça que se vai levar o título grazas a mellora nas áreas e os 1-0 de momento. Lewan, Kounde e Araujo son Top, como sempre dixemos. Araujo non ten a sáida de balón de super Éric pero é un xogadorazo. Toca loitar o máximo na Champions e a ver na Copa vs estes que podemos facer.
Por eso hai que rotar en Liga e ir recuperando xente, gustaríanos ver xente de abaixo como Arribas, Álvaro que volta esta semana, Peter, Nico Paz ou mesmo os Tobías, Obrador ou Marín, pero sabemos que non vai co plan do mister que é de coidar os veteranos.
Porque se metes na dinámica a xente con fame como os rapaces, vante responder. E si esa xente con fame responde, os siareiros ilusionamonos, porque non ves aos Marianos e Hazards da vida, un polo menos tería paciencia con velos crecer.
Dende aquí sabemos que cas obras do estadio pois igual non podemos facer grandes operacións e aquí non pedimos palancas, por iso entenderíamos o dos rapaces. Sabemos que os cartos non son ilimitados e o que máis nos gusta de Flo é a súa xestión económica, por algo gañamos o que gañamos tamén. Pero hai que facer algo, movernos algo. Pensamos que ca saída dos soldos de Marcelo, Bale, Isco, algo caería e non. Agora confíamos ca saída dos de Mariano, Hazard, Vallejo ou Odriozola e que polo menos os do Castela pillen algo, conformome barato, pero móvanse por favor.
Tamén somos conscientes de que non se pode renovar a Kroos, Modric e Ceballos e traer a Jude, hai que priorizar cousas, xestionar ben eso, como o tema Asensio, canto lle vamos a dar a cada un deses, para que non sexan un problema estilo Mariano incolocable.
Si hai espírito de equipo, prodúcense roces pero o equipo manténse a flote, Carlo é dos que busca iso dende a veteranía, por algo será. Que busca o club? O Madrid busca captar aos mellores estudantes, pero non concibe o club coma unha universidade donde pulir eminencias en cernes, senón coma unha galescola a espera de que salte un superdotado."
Por certo chamoume a atención que viaxaran todos excepto Hazard e Mendy, raro o tema.
Sinceramente fíxome enormemente Feliz o triunfo do sábado aínda sendo un título menor, a certas idades toca disfrutar cada momento e cada título, non sabes cando pode ser o último.
Moitas grazas.
Para finalizar e parafraseando a Vilarino:
E para os madridistas da miña quinta, iso é ser moito, por iso esta noite voume a dormir cun sorriso de orella a orella. Con imaxes do pasado que tan feliz me fixeron e outras que curtiron o carácter do club e dos seus siareiros. Sabendo que mañán cando vaia a traballar serei a persoa máis feliz do mundo e algo tocaralle aos demais.
Din que o fútbol é a cousa máis importante das cousas menos importantes, pero ai amigo , como che cambia a cara unha final. Non falei con el, pero sei que meu pai estará tan contento coma min, e mañán aínda máis, así que outro bo motivo. Sorrir polo que as viviu todas e polo que chorou ( por primeira e última vez ) na Sétima porque pensou que nunca vería unha.
Sorrir porque hai mil motivos e mil persoas que o merecen. E a todas a fai sorrir esa mesma camiseta máxica. Unha final máis señores e eu sigo sen comprendelo. Hala Madrid ! "
No hay comentarios:
Publicar un comentario