miércoles, 30 de junio de 2021

Fascículo II : O Chamán.

 Este artigo estaba pensado xa dende fai tempo, en principio ía ser ou o día antes de rematar a Liga ou o día despois para non ser moi  oportunista, pero non puido ser e ao final incluso foi antes o do Churu, se o sigo deixando remata a Eurocopa e aínda non o escribira. Pois o Chamán, ZZ, Zinedine Zidane, Zizou, Sisou ou Sidán como queirades chamarlle vai ser o protagonista de hoxe.



Co Chamán temos por este blog unha relación de amor-odio parecida a do Lolaso. Pensamos que é o adestrador perfecto  para o Real Madrid por como entende e quere  o club, porque Flo confía nel e porque como amosou non é pesetero. Foise coma xogador cando aínda podía pillar algún que outro contrato, foise coma adestrador unha primeira vez  xa o dicía Ali tamén,  voltou no peor momento e finalmente voltou a marchar. E claro con esta última marcha a xente comezou a tarifar e fíar cousas.

Cando voltou, prometeunos a todos que ían trocar cousas e sinceiramente poucas cousas trocaron. Dende a "Segunda Venida" o xogo foi bastante tacaño, salvouse que non había público que senón ían ser boas as panoladas e asubíos. O fin do primeiro ano vivímolo cunha mestura  ilusión e realidade a ver que pasaba.

O ano pasado levámonos a Supercopa e a Liga, pero como dixen anteriormente de non ser polo Covid e a falla de público non teño moi claro que pasara tal cousa, cas ideas claras como dicía esttoper. E este ano aínda que traballamos ata o fin pois cascámonos un Nadaplete moi chulo, con derrota final ante o Chelsea, e na Liga e o mítico trompazo de Alcoi despois do cal pedimos a dimisión ou despido, con esa cachola tola do Chamán, e como pedíamos que adiantaran o toque de queda para non sufrir co que víamos e os múltiples enigmas que nos causaba o Chamán.

En definitiva, moi ben Sidán dixo que ían trocar cousas pero siguen xogando os mesmos e incluso tivemos que sufrir a Marcelo e Isco da vida por diante dos Miguel, Blanco, Ody, Arribas e demais. Que tiramos ca Liga contra os Cadiz, Alavés, descalabro a descalabro.... sorprendentemente contra os grandes rendimos moi ben.

Queixouse de que filtraran cousas contra el, normal a máis de dez puntos do líder en Liga, caendo en Copa co Alcoyano e na Champions vennos a ver deus na primeira fase despois de dar noxo dúas veces cos ucraínos e cos alemáns safar de miragre no desconto non o ían aplaudir e sen público que en caso contrario.

Para darlle unha oportunidade a Militao tivo que lesionarselle todo quisqui, en cambio Hazard ou o Churu voltaron para partidos chave e dar vergoña. Que Hazard está na foto dous anos seguidos da eliminación de Champions, pero o pobre de Vini puxo este ano de carrileiro dereito e o ano pasado nin xogou. Tampouco apareceu Kroos o ano pasado. Fai cousiñas moi difíciles de entender. E para que un xovén teña unha oportunidade ten que lesionarse medio equipo.

Boas perrenchas temos collido cos partidos do Madrid nesta nova Era-Sisú e bueno nos grupos de madridistas que temos, vamos bos de poñelo podre, porque fai cada cousa que por favor. Pero claro Carlo non ilusiona.

Senón temos cartos pois hai que tirar dos chavales, e se os Marcelo, Isco e compaña non queren pirar moi ben, pero non os poñas, convocados a pasar frío pero xogan os chavales.

Zizou ten o seu método pero necesita xente na que confíe e nos actuais xogadores novos do Madrid non confía e así non funciona. Supoño que en breve andara pola blue, de feito creo que as dúas veces marchou pensando en coller a blue, a primeira vez saílle mal, desta igual safa.

Pero bueno non vou a culpar o Chamán de todo os maiores culpables son os da T4 que serán os do próximo fascículo, Sidán é moi claro e non engana a ninguén, vai ca faciana por diante e pouco se queixou, iso si a Liga era moi gañable facendo as cousas minimamente ben e na Copa non podes caer desa maneira. Polo menos el non se aferra o cargo nin a pasta coma outros. E si o sustituto vai a ser Carletto xa nos da a risa, no seu día Zizou era a copia de Carlo, agora volta sendo a copia barata de Zizou, de feito os Marcelo, Isco .... virón a luz, o que nos faltaba. A non ser que sexa unha táctica de Facenda para pillar o que debe o italiano e que nuns meses colla Raúl o equipo, esto último non sería nada raro.

Esa T4 que nos toma por idiotas coma os políticos, pensan que non sabemos como funcionan as cousas, por moito que filtres ou que vendas info a prensa, sabemos de que vai o tema señores altos cargos. Sabemos como se venden e compran os favores a prensa e que non todo o que se publica é verdade. Moitas veces un servidor se non tivera escrúpulos como moitos periolistos dos de verdade, cando mandaba crónicas polo mundo estaba por poñer unha trola tremenda a ver que pasaba, si total a primeira trola ten un seguimento de 100, por exemplo  nas redes e desmentilo de 3, se non o sabían xa o saben, pero claro a credibilidade na prensa que vive delo cada vez é menor, por iso os Ibai subén e os Peperra baixan.

Flo xa non ten escudo e vai ter xente no Bernabéu que se vaia preparando, a Zidane pese aos erros, amor eterno coma o Lolaso, ese amor-odio inevitable.

Anteriormente:

Fascículo I : O Churu.

A primeira chegada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario