lunes, 5 de diciembre de 2016

Clásico Oh ! Mini-pinceladas.

Pouco hai que dicir do Clásico do sábado no que non houbo moito fútbol pero no que houbo un xogador superlativo. Meu querido Lukita estivo imperial e iso que está moi lonxe aínda da súa mellor forma. Ademais escribin deslabazado e "padiante", para pasar a tarde vaia.



Do resto deixarei unhas pinceladas e chega, xa que fútbol moito non se viu e intensidade tampouco. Teño a impresión que con tanta lesión temos o equipo algo esgotado xa que os que debían ser rotación tiveron que ser titulares este mes, si a iso lle xuntamos o lamentable estado de James pois peor. Dende que marcou o Barça sufrimos bastante por isto.

Un servidor é defensor de Karim e sobre todo para rivais coma o Barça, pero non se debe esconder que está mal e que Mariano, que sempre me gustou por certo, non ten moito fútbol pero ten gañas e ten gol, algunha outra oportunidade merece. Ademais  é máis dianteiro centro ca Morata e Benzema xuntos, outra cousa é que non mestura ben con Cristiano e Bale, pero cas baixas de Bale e Morata e co estado de Karim, debería xogar moitos máis minutos.

Agora vamos cas pinceladas polémicas. O da retrasmisión foi de carallada, resulta que solo había repeticións H.D. por dicilo dalgunha forma das xogadas polémicas que favorecian o Barça e para máis inri adulteradas, deixémolo solo en iso.

En cambio as que beneficiaron o Madrid desapareceron da faz da terra, case sin repeticións na retrasmisión , en fin. Por sorte temos RMTV para destapar todo isto. E claro como lles doe e saben que é perigosa, din día tras día que non ten audiencia, dame a risa. Si teñen que esperar pola miña audiencia moitos canles van frescos.

Solo un datiño atopado grazas a MaketoLari, nos últimos 58 partidos de Liga so lle pitaron un penalti en contra o Barça e lle expulsaron un xogador, algo raro si que parece para ser unha Liga amañada polo Madrid, pero claro diranche que somos nos os que roubamos.

Despois aínda temos que aguantar a 2 madridistas disfrazados como diría Mou, Rulo e Tanguito , mima vaia 2 , tanto rencor lle teñen o club.

Pero  non fixemos nada aínda, estamos en decembro tan solo. Fai 2 anos con Carlo penso que estábamos mellor e tiramos ca Liga tontamente, iso non debe pasar , hai que traballar ata o fin.

Por certo a min sinceiramente , tal e como están os grupos na Champions tanto me da quedar primeiro coma segundo, polo tanto mércores fronte o B. Dormund rotaría bastante.

Para rematar solo dúas cousas, a min o xesto de Carvajal non me gusta por moito que queira gañar en Barcelona hai outras maneiras de celebrar.

E si Cristiano defraudou a Facenda debe pagar e si ten que ir o cárcere ir, faltaría máis. Coma sempre dixen o Real Madrid e o Barça deben ser modelo de exemplo para o bo nos temas fiscais.

P.d. Comezo a percibir  cousas incribles e gústame. Xa non se fala de posesión, tanto, fálase e lárganse portadas de canteira pero son para facer rir a xente non vos equivoquedes, son coma El Jueves , panfletos de humor como o do resentido que se edita en Madrid que é bastante parecido os de Barcelona. De árbitros tamén falan xa, pero claro , non deberían facelo , xa que......

Tranquilos que somos todos máis parecidos do que nos querían facer ver, e cando desapareza o que o cambia todo........

En capítulos anteriores :





No hay comentarios:

Publicar un comentario