miércoles, 15 de enero de 2014

Fin de semana completiño !

Este fin de semana hai partidos para os equipos do Fisober , en Nacional, Provincial e Infantil co que o clube ten un sábado e domingo completiño.




O primeiro equipo na Segunda División Nacional  desprázase a Bilbao para enfrontarse o Stilo Berrio. Será o sábado día 18 as 16 horas no P.M. Abusu-La Peña.

A tempada pasada cada equipo foi quen de gañar o seu partido como local. En Bilbao os tres puntos levounos o Stilo por 7 a 5 , pola súa banda en Vimianzo os puntos levounos o Fisober cun 4 a 2 o seu favor. Co cal se augura un partido moi igualado no que os pequenos detalles o poden decantar dun ou doutro lado. As da Costa veñen de gañar por 3 a 2  na última xornada o Guarnizo como local, mentres que as vascas caeron por 3 a 0 despois dun bo partido no derbi bilbaino fronte o líder invicto Bilbo. ( Versión Stilo Berrio ).

Enfróntanse o sexto e oitavo clasificado separados por seis puntos actualmente na clasificación, nun partido da undécima xornada ca cal remata esta primeira volta.

A previa en futbolsalaweb.

A previa do Bilbo. Visión Fervenza.

Previa de Segunda División.

Pola súa banda o equipo de Provincial desprázase A Coruña para enfrontarse as Espartanas. Será o sábado día 18 as 16 horas no Pavillón do Novo Mesoiro.

As Espartanas son un equipo que se lle da realmente mal nos últimos anos o filial do Fisober. A tempada pasada as herculinas leváronse os dous enfrontamentos. Na Coruña por un contundente 5 a 1 , e en Vimianzo por 2 a 4 , co cal as da Costa tentarán romper está tendencia. O filial chega despois de caer ante o 5 Coruña por 0 a 3 aínda que ofrecendo unha boa imaxe, e as herculinas veñen de caer por 5 a 0 ante o líder Fervenza B.

Enfrontanse o oitavo e noveno da clasificación separados por tan solo dous puntos, co cal se decide neste partido quen remata esta primeira volta mellor clasificado.

Para rematar o Fisober Infantil na Liga Galega  tamén se despraza A Coruña para enfrontarse o Viaxes Amarelle, será o domingo día 19 as 12:30 da mañá no Barrio da Flores.

As infantiles do Fisober enfróntanse a un dos galos da categoría e terán unha difícil papeleta na busca dos primeiros puntos na categoría. As herculinas veñen de caer en Ribadeo e as da Costa caeron en partidos adiantados  nas segundas metades  fronte o Poio e Ribadeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario