Un novo título de Liga para o Real Madrid e xa van 36 e aínda que esta semana a nosa mente está na Champions, hai que deixar unhas letriñas polo campionato, coma é tradición nos últimos anos sempre adicado a mesma persoa e o seu recordo, por el toca desfrutalo.
Toca pedir perdón novamente ó Carlo que nunha tempada sen "nove titular", nos dorsais tampouco o tiñamos, acadou unha nova Liga. Ademais despois de caerselle o porteiro e dous centrais e marcharlle o nove sobre o que todo xirou nos últimos anos. Fai dous anos caloume a boca ca Liga e ca Champions. O ano pasado levou o Mundial e a Copa, el vai enchendo o cabazo.
Dende o verán aquí estivemos moi cabreados polo non fichaxe do desexado dianteiro. Cando caeron as lesións e a piques de pechar o mercado chegaron os nervios o blog.
Despois ata outubro non dixemos nin mu, pero falamos na previa do Clásico, e deunos por gañalo, como sufreu o Javi, perdou os dous co Madrid e co Girona pero mereceu gañar os catro según el, en fin.
Unhas palabras tralo Braga e a Asamblea e a seguir. En novembro ca plaga de lesións, xa rabeamos, mais quizais cando caia tamén Alaba.
En xaneiro o Carlo gañaba a Supercopa e caíamos en Copa, primeiro título gañado da tempada e primeiro perdido.
Pouco a pouco pasaban os meses e íamos aguantando e gañando, incluso tumbando o City.
Estaba claro que o Madrid debía ser sólido en defensa para gañar o título e aproveitar os seus goles. Ademais o Carlo creou un novo Jude, que se marcou unha primeira parte de tempada incribel. Foise sacando cartas da manga cas lesións, que se un impresionante Rudiger, que se os brasinenos. Cando caía unha peza aperecía outra, un gran Carvajal, Joselu sendo un dianteiro suplente potabel..... Lunin comendolle as papas a Kepa, todo foi indo cara adiante.
Incluso nesta últimas semanas o renacer de Nacho e Cafucas Vázquez. Un Carlo que foi quen de rotar agora e seguir gañando, todo foi ben. Rematou con minutos para Ollomol II e incluso Mili e Tibú xogaron en Liga despois das lesións.
Na xornada 34 con 87 puntos que son 13 máis co Girona segundo, con 27 triunfos, 6 empates e tan solo a derrota no Metropolitano, como dixemos a chave son os 22 goles en contra solo e con 74 a favor, un + 52, por exemplo o Girona ten +31, e o seguinte menos batido o A. de Bilbo leva 33 goles en contra.
Mércores chega a dificultade do Bayern e de Tuchel. De feito de nove enfrontamentos co alemán tan solo gañamos un, o resto foron igualadas e tres veces que se foi a ledicia con Tuchel. Polo tanto non creamos co tema está feito, mércores vamos sudar frio. O Bayern é moi Madrid. Sempre queda na mente aquela ocasión perdida en abril de 2012 xusto despois de gañar no Campo Novo e levantarlle a Liga ó Pep, con aquela fatídica tanda de penals. Ainda que todos quedamos ca grandeza de 2014.
A 36 hai que disfrutala que nunca se sabe cando caerá outro título. A primeira vez co Madrid gaña tres ligas en cinco anos, dende aquelas míticas da Quinta, molaría gañar dúas seguidas. Por certo os brasinenos xa levan máis ca CR, manda truco.
Que siga o Carlo calandome a boca, mércores por exemplo é bo día. Excepcional rendemento global, equipo sólido, un bloque moi compacto, ten os rapaces coma unha familia. Pechando o teito e sen repetir o partido como pide o Joker.
A tradición non é historia, a tradición é eternidade.
Vai por vos. Noraboa madridistas.
#HalaMadrid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario