lunes, 8 de mayo de 2023

Sentimento copeiro e outras cousas.

 Sentimento copeiro é o que tiñamos o sábado, despois de tantos anos sen rascar en Copa e máis sen gañarlle a un rival que non fora o Barça, pois había gañas de triunfar con outro rival como así foi. Nesta conta estamos pola labor por celebrar calquer título por pequeno que pareza non vaia ser o demo. Coma nos últimos anos os títulos do Madrid van adicados a quen non pode celebralos con nos, un sentimento que perdura e perdurará, é a meu pai que disfruta e sufre tanto vendo ó Madrid.



E todo parece que foron desgracias, a xente preocupada porque celebramos pouco o título, que o puxeran outro día e non xusto antes de recibir ó Pep.

Como di litros: Ao antimadridista que lle pareza que celebramos mal os títulos, que sepa que é libre de celebrar os títulos do Madrid da maneira que mellor lle parezca. Nos non discriminamos e aledámonos de que así todos podan celebrar títulos. Quérenos ensinar o antimadridismo a ser bo madridista. Terminan contándonos co Madrid é coma o malo de Disney. Gaña non para celebrar os títulos, senón para que outros equipos non os celebren.

Un servidor celebrouna cun quinto de Estrella Galicia e chau, chau, que algúns traballan domingos e festivos cando toca.

A xente tamén moi preocupada co Vini e se vai levar cartóns e poucos lle parecen os que leva, o que tamén leva e patadas e provocacións abondas pero eso non importa tanto. Pensaban que tiraría sempre o balón ao currunchu, que se tropezaría nos regates e que sería a súa arma para atacar a Flo, pero levaron nas cachiñas. Os nosos queridos brasinenos, sempre cremos neles e en Reinier Jesús tamén. 

Como mola tocarlle a cabeciña, peinalo, picalo ....pero si che burrea no campo é un provocador. Vini non é exemplar pero os defensas que o provocan si son un exemplo para a rapazada, quedo bobo. Que si que se equivoca en certas cousas, pero habería que vervos a vos pasar polo que pasou e pasa, moi fácil todo dende a casiña, santos nos campos da Costa e noutros vin ben poucos, pasando por menos trangalladas ca el. De momento anda lonxe de ser coma L. Suárez, D. Costa ou Cholo Simeone.Ten que baixar un punto pero teñen que axudarlle máis, tanto colexiados, coma compañeiros, os rivais xa saberán eles.

" Aquí Vinicius foi durante anos obxectivo de mofa ata que un día deixou de facer gracia e comenzou a dar medo." Palabra de lamesetauberalles.

Que tanto che fala do triunfo coma de ética.

"Aos que non lle interese o triunfo, que se adiquen ao punto de cruz ou a dar longos paseos pola beira do río. Ninguén lles esixirá gañar, pero ó fútbol, coma teatro da guerra e do instinto regulado, vense a gañar ou a perder."

" De ética e moral falaremos nos, non eles. Contou Jordi Pujol dende o balcón da Generalitat. O Goberno central amilanouse e a partir de aí, todo indicio de corrupción foi tapado baixo o manto do consenso."

Como di Pep: Gañar a Premier está case ó mesmo nivel de gañar a Champions. Por iso nos estamos centrando nos partidos de liga, e logo nos prepararemos para o Real Madrid.

Pero mola máis o que dixo na previa: " Queremos demostrar co equipo é estable, hai moitos clubs que se voltaron tolos invertindo e facendo cousas solo pola Champions".  Perdoa !!!! En que mundo vive o home que máis gastou.

Ten un equipazo e unha bomba atómica de dianteiro, se non gaña a Champions desta, dalle mal. Porque si lla voltamos a montar xa sería cousa de encantamento, foi polo aire e ven polo vento. O Real Madrid ante o reto máis grande da Historia, aínda recordo que gañar aquel Clásico no Campo Novo con Mou deixounos sen folgos para a semi de Champions co Bayern, a mítica dos penals. Todo apunta a que nos comemos tundaca, xogamos contra todo e contra todos.



Pero para a previa co City quédome con esto de Uxío da Pena na Voz despois do partido do Chelsea:

" Os equipos de Pep xa non necesitan xogar ben para gañar, agora chégalles con pisar área rival tres veces para decidir un partido. Non sole ser así, dominan os partidos de punta a chicote, pero gústame ver coma un dos mellores adestradores do mundo, senón o mellor, é capaz de adaptar súa filosofía para sacar o máximo.

O partido do Madrid en Stamford Bridge voltou a ser un show..... Mención especial para Tibú, Fede e Vini, o que para moitos tivo un mal partido, pero para min aínda sen estar afortunado en moitas accións, cada día atrae  a máis xogadores da defensa rival, con coberturas e vixilancias moi preto del. Xenera moito espazo para que outros o aproveiten, e aínda así asisteu no primeiro gol a un rapaz que pisa a área pequena en Champions para defenir coma se non custase.

Realmente é o que máis me gusta de Rodry, xoga e dicide coma un veterán do Cambre un sábado pola tarde xogando no Dani Mallo, sen presión, para sudar un pouco e tomar uns quintos despois cos colegas, non xoga coa precipitación dun neno que a miudo é suplente e está no club máis esixente do mundo.

Encántanme a NFL e din os expertos que os mellores partidos do ano son as finais de conferencia antes da Superbowl. Facendo un paralelismo, estas semifinais son esas finais de conferencia, catro partidazos para desfrutar xogados en menos de dez días."

Se deus quere toca disfrutar da Champions do Ensanche, si axuda o resultado mellor.

Anteriormente:

Rtuis: 20Cdr.

W8rldChampions . 

Sentimento Mundial.

Pido perdón.

Chin pum.

No hay comentarios:

Publicar un comentario