miércoles, 3 de abril de 2024

Informe Luigi: Raghadores 87/88.

 Unha nova edición do Raghadores do pasado lévanos a tempada 87/88.



De novo título de Liga sendo líderes da primeira a última xornada. Pero en Europa foi o ano que moitos pensamos que nunca veríamos ó Madrid gañar a Copa de Europa.

Despois de cargarnos ó Napoli de Maradona a porta pechada, no mítico partido de Chendo. Na seguinte rolda cargarnos ó Porto que viña de ser campión de Europa, co partido que fixo heroe a Paco Llorente. Chegaba ó Bayern en cuartos e tamén o eliminamos, por fin caía a besta negra. Cando todo parecía felicidade chega o PSV e mándanos para casa cun un a un no Bernabéu e un cero a cero en Holanda, no partido que case tiramos a portería abaixo pero non quixo entrar. A Quinta caeu en depresión esa tarde.

En Copa a Real Sociedade tomaba o Bernabéu alá por Febreiro cun cero a catro incrible.

Leo seguía a comandar o equipo e según BD esta era o once máis utilizado: Buyo, Chendo, Camacho, Tendillo, Sanchís, Gordillo, Martín Vázquez, Míchel, Jankovic, Hugo Sánchez, Butragueño.

Tamén estaban no plantel: Ochotorena, Solana, Gallego, Paco Llorente, Santillana, Agustín, Maqueda, Mino, Múñoz Pérez, Maceda, Aldana, Aragón, León, Mandía.

Non probaron alimento quente: Pardeza, Julio Llorente, Valdano, Santi, Felipe Herrero, Aguilá.

As altas foron:

Miguel Tendillo: Central daqueles tempos, aínda lle daba, pero non fixo moita carreira aquí.

Paco Llorente: A noite de Porto e o xogar co brazo colgando vs Milán, fixérono eterno. Mítico revulsivo, pero o apelido Gento pesaba moito. Velocidade en banda.

Muñoz Pérez: Veu como bo fichaxe e non nos acordamos del, con eso decimos todo.

Do filial chegaban:

Aldana: Larguirucho que non fixo carreira no Madrid, unha lesión matouno. Despois foi importante no Super Depor de Arsenio.

Aragón: Santi foi importante no Zaragoza, no Madrid deixou un gol dende medio campo ó Barça en Supercopa, e moita calidade pero pouco traballo no medio.

León: Sen calificar.

Mandía: O defensa galego, no Madrid sen calificar, despois aínda fixo carreira por España.

Santi: Sen calificar.

Felipe Herrero: Sen calificar.

Aguilá: Podo dicir que creo que era dianteiro, pouco máis lle recordo.

Coma sempre agora queda nas vosas mans saber máis cousas.

#HalaMadrid #RealMadrid

Anteriormente:

Raghadores 86/87.

Raghadores 85/86.

Raghadores 84/85.

No hay comentarios:

Publicar un comentario