sábado, 18 de mayo de 2024

Encher o Conco.

 Hoxe as 18 horas no Pavillón de O Conco en Dumbría xoga o Fisober fronte ó CD Composala pechando o campionato ligueiro. Fai tempo que non escribo sobre o Fisober por estes lares pero hoxe como non podo estar polo menos quero facerlles un pequeno homenaxe.



O Fisober non depende de si mesmo para acadar o título ligueiro, neceista mellorar o resultado do Vilalba co que actualmente está igualado a puntos pero co average perdido. O Vilalba chega ó partido de hoxe fronte ó Ribeira despois de catorce consecutivos gañando, co que se antolla difícil a resolución do campionato polo Fisober.

Adriana


Pero de todas formas as xogadoras de Fran Toba, merecen que na tarde de hoxe O Conco sea unha festa para recompensalas pola gran tempada que fixeron.

Myre e Andrea en inferiores.

Merecen que perante todo o partido as animemos, aplaudamos.... E unha vez rematado o partido sexa cal sexa o resultado e queden primeiras ou segunda, lles deamos unha gran ovación, un bico cando menos e unha forte aperta, porque realmente o merecen.

Barca, Patri, Ana. 10/11.


Despois de tantos meses traballando e cas lesións que chegaron a final de tempada, o seu premio será ese, o voso apoio, a vosa compañía, o voso cariño. 

Inés.


Este 31 de marzo cumpríronse doce anos do único título autonómico do club e un dos dous ascensos acadados. Voltaron a xuntarse esta tempada catro rapazas que estaban no anterior éxito, como son Ana, Patri, Barca e Myre, con elas están algunhas das cativas que celebraban o título dende a grada e outras que apenas levantaban un palmo. Iso é o Fisober unha familia que vai crecendo cas súas xogadoras.

Nai.


Un club cheo de One Woman Club, dende Ana que leva dende o día que naceu o club, agora tamén con labor de adestradora na base, ata as Paula, Sharay, Saray ou Myre que colgou as botas pero non o club, outras coma Patri e Inés ( descolgou as botas para axudar ante a praga de lesións) que están de volta tras experiencias na Primeira División, ou Andrea que voltou o club está tempada, Adriana que xa leva uns aniños e Nai a benxamina que chegou este ano.


Esta tarde na que veremos sufrir as lesionadas dende a grada, para arriba e para abaixo coma en anteriores partidos, vamos encher  O Conco.

Na grada ou na pista estarán:

Co número 1 Sharay.

Sharay.


Co número 3 Patri.

Co número 4 Adriana.

Co número 5 Paula Fandiño.

Paula.


Co número 7 Ana.

Co número 8 Barca.

Co número 10 Nuriña.

Nuriña


Co número 11 Myre.

Co número 15 Inés.

Co número 17 Saray.

Saray.


Co número 18 Andrea.

Co número 19 Nai.

Sen esquencer a Fran e Iván que dende o banco poñen o seu gran de área a todo este traballo. Tampouco a todos vos que dende a grada facedes que estas rapazas se sintan tan orgullosas e felices.



Xa o dixe Myre no seu día:  “ Pode facer que toques o ceo e pode facerte caer no inferno. Pode facerte chorar de alegría , enfadarte, saltar de emoción, poñerte dos nervios, chorar de rabia, de impotencia, de tristeza….. …Pode ser xusto e pode que non. Pero así é o fútbol e esa é a súa grandeza..... “.

Myre 11/12.


Tamén Julio Velasco: " O verdadeiro deportista sabe que non se pode gañar sempre."

Polo tanto pase o que que pase disfrutemos do momento e animemos ata o último segundo, porque o Fisober é iso non rendirse ata o último segundo na busca do miragre, crecer ante a adversidade e as lesións. Crear ese sentimento que pasa de veteranas a noveis.

A tradición non é historia. A tradición é eternidade.

#AléFisoberAlé


No hay comentarios:

Publicar un comentario