Con todo o mundo esperando pola eliminatoria co City e despois dos dous goles de Rodrygo o pasado domingo, vamos a xogar a adiviños e deixar caer dúas cousiñas do futuro.
O brasileiro levaba unhas semanas na boca de todos polo seu pobre rendimento, certo era, por outro lado. Pero claro cos dous goles xogando na súa posición fetiche, funciona mellor en esquerda coma Vini, pero vese obrigado a xogar por dereita ou en punta, si chega o sapoconcho outro que disfruta de xogar caendo a esquerda pois mais difícil para o brasineno.
Con esta tesitura e a alongada sombra de Bappé, parece ser que Arsenal, Liverpool, PSG, City e United teñen postos os ollos en Rodry, normal por outra banda.
Pensemos un pouco se chega Mbappé que quero velo eu, mais os Vini, Rodrygo, Brahim, Guler, Endricki, para coma moito tres postos, sacando xa da ecuación a Joselu e a Jude que este ano xoga máis arriba que no medio, moito patrón para un só barco. A Joselu case o descartamos e a Jude pasaríano definitivamente para o medio.
Coñecendo o que pasou ca volta de Flo, non sería de extranar que queira vender algo para cadrar as contas, o presi quere os números sen débedas. Recordemos as saídas de Robben ou Sneijder para compensar algo as chegadas dos Cr, Kaká, Karim and company.
Con quen podes facer caixa, claramente con Rodry ou Brahim, porque a Guler como moito véxolle unha cesión e coma os dous anteriores téñolle cariño, pero está claro que todos non van caber.
Sinceramente sabemos que Mbappé é o mellor do mundo, pero a xestión de egos vai ser difícil se chega e fastidiarianos moito que caese Rodrygo, que non ten o potencial de Vini pero que non anda lonxe. Queremos confiar en Flo e o cariño que lle ten ós seus brasinenos, a imaxe aplabuiante do seu Moneyball. Xogadores cos que arriscou moito e non creo que queira desfacerse deles por agora, pero se eles o piden é outra cousa.
Non llo vexo tan fácil a Brahim que como siga co nivel que ten, vai ter ofertas, pero si xa tivo difícil ter minutos sen Bappé e Endricki, para o ano teno bastante negro.
Non somos os que diriximos con man de ferro o Madrid e cuns números exquisitos pero somos dos nosos raparigos, que desfrutan do camiño por facer. A viaxe do heroe, dende a xuventude a madurez."
Nuns meses falaremos con propiedade. Pero vos que pensades do tema?
O caso é que chorei as saídas de Arjen, Wesley, Ozil, Xabi o Fideo.... e o final quen gaña sempre é Flo, faise difícil dubidar del en cousas económicas. As de Cr, Churu, Varane... vinas ben. Algún vai saltar e dende dentro algo van filtrar do que queiran eliminar non teño dúbidas tampouco.
#RealMadrid #HalaMadrid
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario