Mércores 8 de maio tarde noite, vispera de Ascensión como aquel mítico 20 de maio que nos trouxo a Sétima a unha xeración perdida de madridistas.
Como é habitual perante as tres últimas tempadas na Champions reunimonos na Taberna do Ensanche para ver os partidos do Real Madrid en Europa, nótase que non é calquer partido, xa que chegamos todos a tempo, deu para contar uns contos antes do partido.
Arrincou moi ben o equipo, cun Vinicius espectacular que se topou cun Neuer que tapaba cada ocasión que o brasineno xeneraba para el ou para un compañeiro. A cada ocasión perdida un dos presentes sinalaba, dame que hoxe nos van a dar da nosa propia medicina.
Os minutos pasaban e o guión non mudaba, ata que mediada a segunda metade, unha contra do Bayern era rematada cun grandioso disparo de Alphonso Davies para facer o cero a un que deixaba o Madrid eliminado, retumbaban as palabras anteriores, "vannos dar da nosa propia medicina".
Pouco despois o Real Madrid igualaba a saída dun saque de esquina, falsa alarma o VAR vía como Nacho cometía unha falta e tocaba voltar a casiña de saída.
Pasaban os minutos e cunha ocasión de Harry Kane que mandaba o lateral da rede, mirámonos e pensamos vamos ter unha coma cando Mendy fixo a salvada contra o City fai dous anos.
O destino estaba escrito e confiado, o destino susurrou ó Madrid no minuto 80 cando Carlo preguntou a Davide, que facemos e o fillo contestou: Joselu.
Ia entrar o Ibra de Silleda, o amigo da nosa querida Mai, o home que fai dous anos foi a final de Paris coa camisola do cuñado, coma se un de nos se tratara.
Cando todo parecía xa perdido, no enésimo intento de Vini, e no balón quizais máis fácil da noite para Neuer, tan solo un xogador está atento ó erro do porteiro, quen senón o noso dianteiro de Silleda, quen sabe si el non está no campo si a remonta sería posible. Quen sabe si foi unha tiopa do hipoxeo, se foi o ambiente do Bernabéu que fixo retemblar o campo e mover o corpo de Manu ou si foi a sorte, pero Joselu estaba alí.
Nese momento abrironse as portas da tolemia, o remozado Coliseum branco enardeceu buscando safar da prórroga, puriño Real Madrid. Eses partidos grandes de Champions no que todo parece que é milimétrico e logo chega o caos, a emoción dos instantes finais nos que tan ben se sinten estes xogadores.
E case sen saborealo, no rexeite dun novo saque de esquina o balón caelle a Nacho que se move no area ca fluideza e templanza que facía o Buitre, levanta a cabeza e con tranquilidade dalla a Rudiger, que centrou ca esquerda tal como o fixera Di María na mítica final de Copa de Valencia, desta vez non era CR o que remataba senón o noso Joselu, para o delirio madridista, durou pouco xa que o liña levantou a bandeirola.
A primeira repetición quedou claro, aquel gol ía valer, cero dúbidas e así foi. Despois do delirio en diferido, chegou o de verdade, parecía que o íamos voltar a facer.
Por certo un detalle importante neste momento para a polémica posterior, o árbitro dera nove de engadido, nese momento parecese entender que vai dar dous a maiores e que vamos a chegar ata once de engadido. Os nervios patentes da posibilidade de chegar a unha nova final de Champions. No minuto dez parece dicir que quedan dous polo tanto coma moito debería chegar ata os doce de engadido.
O polaco entrou nunha voráxine tal coma a de Gil Manzano en Valencia, pasándose o engadido polo forro. Vamos ca polémica, Marciniak bueno o liña levanta a bandeira e o polaco pita xusto antes de que Muller cabeceé cara De Ligt co que paran tódolos xogadores do Madrid, polo tanto non foi gol anulado coma si o foi o de Nacho xa que incluso antes de chegar o balón o holandés xa non valía. Sinceramente de Ligt parece estar en fora de xogo no centro previo, pero o marroquino non sabemos, tampouco sabemos o que entendería o VAR na xogada porque nun principio os dous van cara o balón. Considero que o liña trabucouse cortando a xogada, pero non teño claro se a xogada sería anulada igualmente posteriormente co VAR e o que non hai nunca gol anulado, si xogada anulada.Un partido que tiña que ir os once ou doce de engadido según indicaba o propio árbitro foise os casi catorce.
Agora deixaremos co antimadridismo chore e fale de roubo e de árbitros, dun tema do que saben moito. Teremos un pouco de empatía que estamos ante a novena final de Champions que viviremos os da miña xeración.
Dato curiso o Carlo co Madrid no 2014 campión, 2015 semis, 2022 campión, 2023 semis, 2024.....
Unha pena que os sábados peche a Taberna do Ensanche e non podamos ver a final alí, aínda que por diferentes compromisos ía ser díficil xuntarnos, nun lugar que de momento ten pleno de efectividade en Europa, haberá que aguantar a presión noutor lugar. O Dormund vai ser difícil, que ninguén se leve a equivoco, o Leipzig foi un tormento, o Bayern tamén e no 2002 a final co Bayer L. outro tanto.
O Real Madrid non é solo un club, é unha emoción. A tradición non é a historia, a tradición é a eternidade.
Conta Antonio R. Naranjo: "Esa ialma, que é obreira e burguesa a vez, de palco e de galiñeiro, de entrada barata e de zona reservada, sobriviviu ó estúpido desafío da modernidade convertendose en algo rabiosamente vanguardista e añexo, non dar nada por perdido ata ó último segundo, crer nun mesmo, entender ca unión fai a forza e loitar por ese algo inmaterial que paradóxicamente identifica como nada ós seres de carne e oso. Hai que ser do Madrid amigos porque, amigos, somos xa do Madrid ó nacer."
Como dixo Vilariño: Porque é que resulta que nos tamén sufrimos, últimamente falouse moito de sentimentos, do fácil que é ser madridista. Do malos que somos e do bos que son os demais. Nada novo, a verdade, pero cansa. E da máis satisfación cando gañas. Porque non solo é gañar, é superar circunstancias que a outros afundirían.
Ou o mítico Jabois: " Y esto es básicamente el Real Madrid, una fe ilimitada y altanera cuya leyenda es universal, por eso nos rompen tanto la cara , porque no la escondemos."
“ El Madrid vuelve siempre, a veces como tragedia y otras como farsa. Pero las más especiales regresa como Madrid.”
"Ancelotti é un home que entendeu a filosofía do Madrid; ao Bernabéu vense como a vida, a pasalo ben, a ser xoven por segunda vez, a botarse unhas risas cos antis, a marcar goles no desconto e a gañalo todo. "
o Madrid xógase de novo todo o día 1. É probable que si se perde, comencen os augurios escuros, os asubíos, as listas negras, vivir non merece a pena. Por iso o Madrid é tan divertido, por iso non é un club, nin máis ca un club, é unha experiencia que hai que vivir aínda que non che guste o fútbol, unha vez na vida. Por iso tamén dixo Van Palomain, que ao Madrid hai que vir adestralo solteiro. Vivindo sempre, como dixo Gistau, " no arrebato épico duns minutos finais incendiados", que pensaba que definía o Madrid pero definía unha maneira de entendelo todo."
Continuará.....
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario