jueves, 18 de abril de 2024

Sobrevivir ó asedio.

 Novamente o Real Madrid foi quen de sobrevir ó asedio e prantarse nunha nova semifinal de Champions.



Como di a frase dunha famosa camisola de Reizentolo: " Ningún mar en calma fixo experto a un mariñeiro" , e vaia si levan días de mar os xogadores do Real Madrid.

De novo contra un equipo de Guardiola desta vez o City, ó Pep como di Mcarloso é un vilán perfecto, ten os medios, o coñecemento e a "maldade" para ser a nosa némese.

Tocou sufrir e moito para sacar o partido adiante. Non sei cantos saques de curruncho sacaron os citicen pero non lexos dos vinte, por certo pregúntome porque decidiron pechar todos tanto. Algo tería estudado o Pep pero de momento non se deu a coñecer.

O City era o campións pero conta a lenda que o Madrid é o rei, e cando parece estar morto e co último alento nos seus beizos resurxe para coarse en semis.

Moito dominio local e moitos quilómetros polos xogadores citicen, onde quedou aquelo de son atletas en Munchen camiño da X, mima que maneira de patear esta xente, os atletas trocaron de lado.

Cando os antis xa se frotaban as mans cunhas semis Barça vs Atleti e co City esperando na final xurdio o Madrid que non se rende. O que despois de tantos anos de Negreirismo sabe aferrarse a vida en Europa coma cando Songoku adestraba con pesos e a diferentes atmósferas para traballar en dificultade.

Pero claro resulta que o Madrid non xoga como queren que xogue para perder, o Madrid busca pasar, non somos os inventores do fútbol. Nun partidazo de Fede que traballou por el e por catro e cun Nacho sublime, atopándose no seu lado de central esquerdo con super noruego, por certo un Nacho moi criticado por un servidor este ano, pero onte fixo un partido de central top. Non quero esquencer a Mendy sempre menospreciado, o meu Makelele particular. Tamén Lunin que vai bo de levar.

E co resto do equipo traballando moito, non me da para falar mal de ningún, todos foron bos mariñeiros. Sinceramente a un servidor gústoulle moito a primeira media hora do equipo, despois fomos poñendo o cuiño cada vez máis atrás e salvando os mobles, pero salvámolos.

Nos penales non contaba, porque non sei cantos levamos errados este ano e vai e Lukita erra o primeiro, disaster movie, un alivio xa que Lukita non merecía levarse para a cama a pena dunha eliminación de Champions por un penalti errado por el, pero vai  Lunin para dous seguidos e marcan Luquiñas malabares, Nacho e Rudi, incrible, sobre todo porque contaba con que Brahim e Fede tiraran. Filtrouse que Fede borrouse porque dixo que estaba canso e Militao porque Ederson o coñecía pero ben está o que ben remata. Resistimos unha tanda na que nin tiramos primeiro, nin fomos quen de marcar o primeiro, o máis difícil todavía que decían no circo.

O Madrid segue a facer historia a base de xestas e situacións complexas, contra o mellor equipo do momento e a pesares do mal traballada que temos a presión e o pouco que confía o Carlo no banco, pero el suma e sigue.

Agora toca tentar sacar adiante o partido do domingo, co cansa que está a xente a ver si Carlo rota algo, e despois toca un grande de Europa, nunha situación moi perigosa, a típica na que gañamos nos, sen liga e solo ca Champions. Teñen a Sané, Musiala, Gnabry, Kane entre outros, moito barco ainda diante.

Despois de ver o partido na mítica Taberna do Ensanche, que tanta sorte nos da en Champions,  ver as rúas de Santiago cheas de madridistas felices e incrédulos e de antis rumiando o imposible tan solo me queda decir : De verdade xente, quéresevos moito, encantado de ter este sentimento común con vos. Temos sufrido moito e o que quedan son estes recordos.

A sufrir domingo a ver si rascamos un punto  e a non confiarse que o Bayern é capaz de todo, son polo menos tan bos coma nos e vamos bos de sufrilos.

#HalaMadrid #RealMadrid

Anteriormente:

Hipótese e Moneyball.

 O Sorteo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario