martes, 21 de febrero de 2023

DEP Amancio.

 Sempre recordarei o moito que lle gusta sempre a meu pai o pronunciar  Amancio Amaro Varela, ese nome que sona tan melódico e poético, galego a mais non poder. Recordando así historias, partidos  e alineacións do pasado. E  a un servidor escoitar e dicir  o " tranquilo coma Amancio" que frase tan muxiana.



Ex do Victoria CF e do Deportivo da Coruña e apodado por moitos O Bruxo, gañou nove ligas, 3 copas a mítica Copa de Europa do 66 a dos Yeyés e unha Eurocopa. Tamén se levou dous pichichis. 

Era o actual Presidente de Honra do Real Madrid. Senón recordo mal era o adestrador do Castela ca Quinta do Buitre e incluso gañou a Segunda División con eles.

Sempre recordarei a primeira vez que fomos xogar ao pavillón do   Soto del Real alá por abril do 2015 visitando a un dos míticos do fútbol sala feminino, non  a cárcere tranquilos, chamoume  moito a atención que o Campo de fútbol municipal que estaba ao lado levara o nome de Amancio Amaro, sempre é bo ver que os galegos tamén conquistamos os madriles.

DEP Amancio.

Anteriormente:

Gento. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario