sábado, 13 de mayo de 2023

Xestión.

 Fai tempo que tiña en mente falar algo sobre a dificultade da xestión de grupos e dos egos nos vestiarios  e despois dunhas conversas onte toca darlle vida.



Sempre me quedo cunha frase que xa dixemos no seu día cando fora o problema de Egos entre Mou e Íker. Si hai espíritu de equipo prodúcense roces pero o equipo mantense a flote.

Para un adestrador xestionar un grupo é algo de suma importancia e dificultade, sexa cal sexa a categoría case máis importante cos seus coñecementos tácticos, técnicos.... a coñecida man deireita e man esquerda de calquer adestrador, xefe, xestor.... 

Todos sabemos que todos os adestradores teñen os seus deportistas de confianza, pero iso non debe desmerecer ó resto do vestiario e non deben sentirse agraviados  por estas decisións, un adestrador sempre debe ser xusto. Non pode ser que nun equipo da Costa vaias adestrar sempre e xogues o desconto, que non é o fútbol profesional. Con inferiores xa debería ser delito.  Nin facer sempre os mesmos trocos coma si un Excel fora, o troco fácil que sempre dicimos. Porque se teu xogador fetiche non está a xogar ben, pois terás que quitalo, non pasa nada.

Pero claro os xogadores tamén deben entender a xestión, ese típico ego individual de certos xogadores que son capaces de deixar tirado o grupo, de desexarlle o peor solo porque deixaron de ser titulares, iso realmente é quererlle a un equipo? De pensar/ buscar un transitorio éxito persoal na vez de apoiar o equipo. Ti tamén tes que pensar nos compañeiros que van adestrar sempre contigo, que non é tan bo coma ti, supostamente, pero que merece xogar algo tamén, non podes molestarte se entra por ti.

Os problemas nunha familia resólvense dentro e non se van contando fora. Por moi mal que esteas ca túa familia ante o exterior deféndela a morte e dentro conversas, intentando aclarar as cousas e arranxalas. Un vestiario non deixa de ser coma unha familia. O autoritarismo, a falla de diálogo e a falla de ética tampouco son a solución, non todo vale, nun vestiario, man dereita e man esquerda.

Hai que darlle importancia ós adestramentos. E a partir de certas idades, non vale tan solo con asistir, hai que pedir estar. Non podemos confundir, unha cousa é asistir e outra moi diferente é estar. O típico que vai o adestramento pero non fai caso ou anda nas "musarañas", eso é coma non adestrar, podes ter un mal día é comprensible, pero non vinte malos días.

Por eso sempre dicimos, neste caso pensando nun futuro do Muxía, cantos máis anos sexan capaces de competir en categorías o máis altas posibles, mellor formados chegarán.

Unha nena ou neno, cando xoga en inferiores por moito que sexa o mellor do equipo, non pode xogar tódolos minutos. Que crea a esa idade que é imprescindible é un paso para crearlle un ego perigoso como dixemos anteriormente. É máis, debería xogar  en tódalas posicións do campo, incluso de porteiro, deso tamén se aprende, e se puideran ser árbitros de vez en cando, perfecto.

Un xogador de inferiores ten que ser suplente de vez en cando, xa que nalgún momento da súa vida o vai a ser. E as nais/pais que non se confundan, non teñen a Messi, nin a Cristiano na casa por moito que o crean. O principal é estudar, sen deixar o deporte, que tamén axuda a mellorar no estudo.

Pero claro a xestión tamén muda segundo sexas primeiro ou segundo adestrador, se estás na elite ou na Costa, ou se estás na base. Hai xente moi boa en cada un destes tramos, que se da o salto non é capaz de xestionalo.

E sobre todo hai que ter moito tino ca xuventude, nenas e nenos que se acercan o deporte e neste caso ó fútbol. Dende o comezo hai que ser moi conscientes do que fas, establecendo obxectivos asumibles. De nada serve un campión alevín se en idade cadete xa deixou o deporte porque se aburriu. Hai que darlle unha forma lúdica os inicios.

Como plantexen as directivas e presionen os adestradores neste sentido tamén é chave.

Rematamos con algo que dixo o Lucho no seu día:

Adestrador: Se van 20 nenos o partido teñen que xogar todos. Se seu fillo non xoga, ou solo o meten cando van goleando, busque outro club. Os nenos solo queren ser felices xogando ó fútbol cos seus amigos.

Pais: Busquen clubs onde seus fillos teñan a posibilidade de xogar sempre e ser felices. Aínda co equipo sexa de menos nivel. Non busquen clubs onde os nenos son seleccionados para gañar.

Adestradores en inferiores non se busca o resultado, xa cos nenos non necesitan ese agobio e esa presión. Se queres gañar títulos non comences no fútbol base.

O dito non podes xestionar como adestrador todo igual. Si sacas uns resultadazos pero rematas a tempada con doce xogadores, algo vai mal, porque para o ano voltas a competir. Tampouco podes xestionar igual en tódolos clubs, cada un ten a súa idiosincracia e o que funciona aquí pode ser un problema a corenta quilómetros. Recomendo unha entrevista a Roberto Olabe na Voz sobre este tema.

Bonus track:

Ana Mouzo :  " A Educación é fundamental para crear valores, conductas e hábitos que definen e constrúen as persoas dunha sociedade, para ter unha sociedade mellor será necesario ter unha educación óptima. So así sera posible seguir avanzando.".

Adrián Menor:" O adestrador en categorías formativas ademais de ser adestrador debe ser educador non solo formar xogadores senon persoas, inculcando e sobre todo demostrando os valores ao fútbol. Acadar unha boa autoestima, que se sintan importantes, eles son os protagonistas."



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario