miércoles, 8 de febrero de 2023

Benidorm Fest.

 Non sei si chamarlle Benidorm Fest ou Bernabéu Fest, pero a T4 está a calcar o tema do ano pasado, van mal as cousas pois  filtramos que a culpa é de Carlo, que temos ao Rulo na recámara, si a pifiamos no Mundialito como é factible, filtramos fichaxes e alá a safarnos.



Como estamos a ver no tema Vini Jr o problema principal é a cúpula e o súa falla de dinamismo, anclada no pasado. Todo o que dixera Zizou na súa famosa carta segue patente. Filtramos coma se estivesemos no outro século e para máis Inri aos que nos están a queimar.

Os Torino News, Asport e chiringos da vida onde anunciamos a superpifia, por certo aquí nin consumimos deso, nin un solo click a todo o madridismo disfrazado ese. Preferimos a prensa culé que sabemos o que hai, non os amigos do aviación e os que fan churrasco con eles ou os que comen co pelopo, pero venden que son dos nosos.

Xa avisamos xusto ao pechar o mercado que imos xustos arriba, que a onde vamos cos acabados que temos. E o Carletto está copiando no seu segundo ano o primeiro e xa fixemos spoiler sobre o tema.

Sinceramente non se pode ir polo mundo co banco que se levou a Mallorca, bochornoso, e pregúntome foi porque o Castela xogaba co Alcorcón e para a directiva é máis importante iso que a Liga.?Quere a directiva cargarse ao Carlo e non gastar un peso?

Total si o Rulo como fixo tiña pensado deixar no banco a Peter e Aranda pudo deixarlle un ao Carlo por si había que dar ritmo como así foi na illa e non lle tocábamos a ninguén titular. Ou foi o Carlo que prefire a Mariano que xira e choca coma un trompo e non lle da unha a chavalada. 

Ser adestrador non é elexir sempre a opción máis fácil, sentar ao máis xovén, ao que menos protesta, ao menos consolidado.... Isto pódeche alongar a estancia aquí un ano. Pero si eres eso terminas fora, porque a solución máis cómoda para ti non sempre funciona.

Se non querían tocar o filial, non podía ir un xuvenil? A min esta mentalidade que parecen dar de preferir que suba o Castela e non o vamos tocar, como se fóramos un equipo da Costa, paréceme incrible. Os filiais están para axudar aos primeiros equipos, para formar xogadores para eles, non polos resultados, así nos vai ca Fábrica, solo como mercadeo.

Cóntanche que os fichaxes están en Valdebevas e os cedidos, pero despois xogan os veteranos. Pagas a Fran  e deixalo en Vallekas por quedar ben, pero si total che van a silbar igual e nos sin xente. Pagas a Noel e a Ferran Quetglas que xa remataron contrato e xa sabemos como nos tratan na Coruña e xa vimos en Mallorca, somos un pagafantas de moito coidado, pero non defendemos aos nosos, solo cando tocan ao xefe. Incluso Zizou que non era nada de tocar xerarquías contou algo con Miguel, Arribas e Blanco.



Non tiras un tiro a portería en todo o partido pero non necesitas ninguén arriba. Xogas sin dianteiro, o que coloca  as axudas todas do rival  sobre o teu único home que desborda, e os que o acompañan axudan a pechalo máis, e como circulas lentísimo aínda peor. Mesturas xogadores sen xeito. Tácticamente non tes unha xogada. Cada un facendo a guerra pola súa conta.

E claro pensas na T4 queren un mister que non moleste e o mister está contento comendo xamón en España, todo Ok, xa gañou a 14 e unha Liga, xa cumpriu. Leva convocados incluso aos liberados sindicais e xa está. Non se mellora a Hazard, Mariano, Odri e Vallejo, os Vlaho ou Cancelo non superan a Valdebevas, xa veredes para o ano, que si que van ter oportunidades e Hazard vai vir coma unha moto. Que vamos contar con Álvaro, Arribas e Tobias....

E se non temos cartos porque estamos a facer o Estadio, cero problemas, dise en que preferimos gastar e que vamos a tirar cos chavales e non cos ex futbolistas, prefiero a calquer chaval que os que viven lesionados no banco.

Tamén pode ser que Flo queira safar ao seu novo colega Jan, e non sabe o falso que é, que o vai putear en canto poda.

Pero o problema principal é que xogamos bastante mal ao fútbol, somos bastante planos e arriba vamos super limitados.

Somos un club acomodado, ca barrigola chea, algo que se vía vir no verán por certo, incluso vendemos a Casemito. E o Barsa sen un peso queimouno todo.

Como sempre digo prefiro aos Miguel, Arribas, Blanco, Álvaro, Peter, Reinier, Brahim, Latasa.... que os Hazard, Mariano, Asensio... Aínda que algún incluso non rinda noutro equipo, eso non quere dicir que non o vaia facer aquí como xogador de rol. Non é o mesmo facer unha parede conmigo e ter que levar o peso, que facela con Karim ou Vini e que eles che abran espacios. Incluso Auba cedido me vale, que o Chelsea debe de estar polos 200 xogadores.

Necesitamos que o club vaia de cara e non filtre  e nos trate coma idiotas, que xa somos grandiños e sabemos como funciona esto, pasa cada día na vida, cos políticos "redeiros", prensa bonificada, presa mamporreira e atada,  cada un vende o que lle parece e según lle pagan..... Con solo rascar un pouco e saber como funciona o tema salta todo, información é chave,  pero claro hai quen pica supoño.

Anteriormente:

Tema Vini.

O mercadiño.

Spoiler . 



No hay comentarios:

Publicar un comentario