jueves, 2 de febrero de 2023

O incrible Will Still.

 Coñecedes o caso de Will Still?



Pois é un adestrador belga de 30 anos, que leva 13 partidos ao mando do Stade Reims e todos eles sen perder. O caso non diría nada de non ser porque este adestrador con Licencia Uefa A ao parecer pero sen a pertinente para adestrar en profesionais chegou ao equipo como segundo de Óscar García e cando o chimparon pois vese que o está a facer ben.

De feito ao non ter o título pertinente o equipo está a pagar 25.000 euros de multa por cada partido que dirixe. Outras das curiosidades é que enviciou ao Football Manager e deso lle ven a pasión para adestrar.

Pero claro aquí está a polémica, fai falla o título e é unha ofensa a todos aqueles que  gastaron os cartos para sacalo e cumplir cos requisitos legais.

Ou debemos darlle importancia ao ser autodidacta, e traballarse un mesmo o tema, cando é algo importante para ter éxito na vida. Os títulos están ben pero o que realmente importa é saber facer as cousas. 

Vivimos nun mundo do titulín cando igual eu teño un título pero non sei desempeñar o meu traballo ou non mo curro ben. E outros sen título fano xenial. 

Ademais o dos títulos de adestrador e moitos outros ten miga, unha maneira coma outra de mover diñeiro, no que algúns se están a poñer as botas. E despois claro aos ex xogadores que pouco menos que llos regalan.

Que despois perde tres partidos seguidos e alá vai o conto, pero deunos para falar do tema, aínda que mellor ca o do título xa o fixo. Como moitos de Ecos e demais que foron saltando a secretarias técnicas e fano mellor que os supostos expertos, e claro tamén hai pufos, obviamente.

Como dixemos algunha vez antes todo o mundo quería ser fútbolista, agora xa queremos ser tamén adestradores, secretarios técnicos, olleadores......

Un servidor ten varios títulos de adestrador deportivo e academicos tamén ,  e sinceramente o que curte é estar abaixo, levar un grupo, facer o traballo, os títulos quedan ben nun marco pero estar ao sol é o que curte.

Que opinades vos?

Ordóñez  xa opinou no seu día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario