LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : PORTOSÍN – FISOBER “B” F.S.F. : 3-1
PORTOSÍN :
Noelia, Nancy, Diana, Lorena e Sara ; tamén xogaron : Judit, Julia, Rebeca,
Virginia e Xulia.
FISOBER B : Anabel,
Paula Fandiño, Inés, Laura e Tamara ; tamén xogaron : María Lijó e Natalia.
ÁRBITRO : José
Rey , CRONO : Alejandro López.
GOLES : 1-0 Julia
, ( descanso ) , 1-1 Inés, 2-1
Virginia, 3-1 Xulia.
Rendía visita o
segundo clasificado o filial do Fisober e a pesares das baixas mostrou un gran
nivel e fixo un moi bo partido, moi compacto e solidario dende a primeira ata a
última das xogadoras incluída a infantil
María Lijó que voltaba a unha convocatoria do filial e axudou o equipo coma unha máis.
A saída das do
Fisober foi moi bo, e nos primeiros
minutos tiveron moi boas ocasións para adiantarse no electrónico, pero erraron
nos últimos metros. Nos primeiros minutos Inés e Paula Fandiño tiveron dúas
ocasións cada unha para adiantar o filial, pero non foron quen.
Despois dos dez
primeiros minutos as locais foron desperezándose conscientes que non podían
errar se queren seguir no camiño do título e foron aparecendo as súas primeiras
ocasións por parte de Julia e Judit.
Ata que a once
para o fin desta primeira metade era Judit a que poñía en vantaxe as súas. Unha
Judit moi activa que era a que máis perigo creaba por parte local.
Preto de rematar
a primeira metade un lanzamento lonxano de Virginia topaba co pau.
Con este
resultado chegouse o tempo de lecer.
Na reanudación de
novo un lanzamento lonxano, unha das armas do Portosín, desta vez de Nancy bicaba o pau. Pero as
visitantes non se rendían e Inés erraba un man a man ante a porteira, un minuto
despois a segunda non errou e cun lanzamento poñía a igualada para o Fisober.
Grandísimo
traballo das xóvenes xogadoras
visitantes, que co paso dos minutos comezaban a notar o esforzo.
A quince para o
fin era Virginia a que poñía de novo en vantaxe as súas para o dous a un. Pouco
despois a capitana local Sara topouse co
pau novamente e a visitante Tamara gozou dunha dobre ocasión para igualar de
novo o electrónico.
Pero foi Xulia a
once para o fin a que puxo o tres a un que a postre foi definitivo.
Dende aquí ata o
final as visitantes loitaron por voltar a entrar non partido pero non foron
capaces. De todas formas excelente traballo das pequechas do Fisober que deron
a medida ante un dos equipos punteiros da categoría, deixando unha gran imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario