Despois da " Lenda dos inventores do fútbol" vou deixar a miña visión do Clásico lonxe de falar do
árbitro e de polémicas iso queda para outros, eu particularmente estou moi cabreado xa que perdemos cunha pseudo-banda que é o que me parece o
Barça a estas alturas.
O partido
empezouse a perder a semana antes, ca leria de que o Barça tiña marcados a certos
xogadores do Real Madrid por violentos , patatín, patatán, o mesmo de sempre
vaia.
Xa
pintaba mal no túnel de vestiarios. Moita risas, moita carallada antes do
comezo, odio iso.Si algo lle ensinou Mou o Madrid é que no campo non hai compañeiros
de selección, nin amigos e pensei que quedara marcado , pero non. Iso sacouno
en limpo o portugués o día do 5-0 dende aquela o Madrid por sorte nunca voltou
a saír de amiguiño a un Clásico , gracias a deus. Hai que saír ca sangue no ollo que son o Barça , eles non perdoan
pero nos sempre picamos de bobiños.
De feito o Madrid
perdeu todos os partidos máis ou menos esixentes desta tempada excepto
o que saímos, intensos, agresivos, metidos sen amiguiños, cal foi ? o derbi
de Copa co Atleti que lles pasamos por encima. Pero claro despois falamos que
si Arbeloa non sei que, que Pepe non sei cuanto, Xabi Alonso……, como os dos
outros equipos son santos e nos fan o pasillo. Como di un amigo meu, moito
pureta de m…. no fútbol, canta razón ten. Así nos vai.
O Madrid para min
fatal xa dende este punto de vista, se
non eres intenso e agresivo ( que non violento ) nestes partidos púlenche,
e iso que este Barça é un equipo en descomposición, un desastre defensivo e que
xoga andando, e moitos están a un nivel deplorable, o cal di moi pouco polo
Real Madrid por certo. A pouco que tiveran actitude gañaban o partido. Colle o
Bayern motivado a calquera dos dous e fai unha festa.
Se a esa falta de
actitude lle engadimos que Cristiano,
Bale e Benzema apenas axudaban atrás, pois , problemón sobre todo en banda.
Ese problema en banda agravado con que nin Carvajal, nin Marcelo son un
prodixio defensivo e claro, pasou o que pasou. Despois criticamos a Arbeloa e
Coentrao no Calderón, sobre todo os periodista puretas eses, non os oín onte
tan críticos con esta cuestión, amiguismos?
Cun equipo tan pouco solidario e cada vez máis
separado co paso dos minutos non se pode, recuando cada vez máis. Darlle
espazos para pensar o Barça aínda estando mal é a morte e viuse. Cada vez que o Real Madrid foi a presionar a defensa do Barça era incapaz de
sacar o balón e foron xogadas de perigo.
A defensa do Real
Madrid fatal non leron nada ben o xogo,
pero se o medio e os dianteiros non apretan vénselle aínda máis as vergonzas.
Ramos no plan crack que anda últimamente i é que os eloxios da prensa son moi
malos para os xogadores. E iso que a defensa do Barça é unha festa, mi madriña
querida pero a nosa onte quixo emulala. O
mediocampo superado en número e morto pola falta de axuda dos de arriba.
Nin Xabi pasa polo seu mellor momento, nin Luka tivo o seu día , ademais sempre
tendemos a xuntarnos cara atrás, cando normalmente facemos máis dano o Barça
cando nos xuntamos pero arriba.
O señor Carleto,
algo lento nos cambios ou case pasivo,
coma toda a tempada por certo, os movementos foron xa por obrigación, non se
anticipou as situacións. A lesión de Jesé , parece mentira pero elimina un moi
bo recurso ofensivo e de trocar cousas no Real Madrid.
En definitiva estou sumamente cabreado por perder
con este Barça, que me parece moi ganable por unha equipo coma nos a pouco que te apliques. Pero nada sigamos
facendo o que din os puretas, xogando como queren eles a ver si damos ganado
algún título, polo visto onte………. O partido foi malo para min cheo de erros dos
dous equipos, os puretas dirán que foi magnífico un espectáculo.
Por sorte na Copa e na Champions xoga o porteiro dos miragres como decides moitos, os puretas tamén o dixeron de onte, a ver se tedes razón. Sempre dixen que ten anxo Casillas, terá tanto ?
Paralelísmo ca miña opinión da era Laso no basket ?
P.d. 1 : Pedirán agora os periodistas e dirá o “bigotes” que comportamentos como
o do señor “mucho morro” non son aceptables e non debe ir a selección ou iso
solo é aplicable a Arbeloa, a dobre vara de medir.
P.d. 2 : Que me digan que Higuaín é mellor que Benzema, dame a risa, Benzema é o
dianteiro perfecto para este Real Madrid, da xogo a Bale e Cristiano, asociase
moi ben e ten moito fútbol, se lle poñemos outro Killer o lado , un balón non
da abasto para os 3, con outro tipo de xogadores arriba pois sería outro
debate. A xente xa non recorda que o
Pipa erraba e bastante ante a portería tamén iso non quita que lle teño cariño
o Pipa.
Ala a criticarme.
No hay comentarios:
Publicar un comentario