Hoxe dispútase un
dos mellores partidos que a priori se pode ver en Europa o Real Madrid vs CSKA da miña competición preferida a Euroliga, pero
como este ano e os tres próximos os dereitos para España tenos Digital + pois
non o poderei ver.
Como vou criticar así a Pablo Laso, como vou alabar a Messina, como vou dicir que os nosos
pivots non valen para gañar a Euroliga,
que nos falta un tres, que defendemos
pouco. Ou todo o contrario !
Como vou ver a
Teodosic, aínda que parece que non xogará, Krstic, Pargo, Weems, Khryapa, Kaun,
Hines…….., como vou soster que Laso non vale para estes partidos sen velo, vai
ser duro verdade . Que se non sabemos
ler o arbitraxe, a dureza da defensa rival……. Todo iso que lle critico a Laso
de saída.
Con Laso pasoume iso que nos
pasa moito as persoas paseando pola vida
, que dende o primeiro día non me entrou
polo ollo. Da igual o que faga nos grandes días , sempre me parecerá mal. A
pouco que non salgan as cousas un envelénase e apenas razoa. Os méritos sempre
llos darei a outros.
Inxusto xa que se o paras a pensar volveu a poñer o Real Madrid no mapa, cun
xogo espectacular pero sempre terei ese pero, que si case
perde a Copa, que si fomos o quinto partido na Liga , que si aínda non gañou a Euroliga , sobre todo despois de como se nos
foi a Final do ano pasado, e si vai e consegue gañala pois pedireille o
triplete , a Nba…….
En cambio con Messina a pouco que fixera xa o subía
os altares, que inxustos somos , así
pasa na vida real os prexuízos que nos levan a veces a situacións equivocadas.
Co superpresuposto que ten e non chegou a Final o ano pasado.
Volvendo o rego ,
para min foi unha mala noticia que a Plus se fixera con estes dereitos, a día
de hoxe , como en anos anteriores , maioritariamente podo disfrutar do deporte
televisado pola semana , algún partido
no finde podo pero depende moito das
horas. Por iso o a Euroliga era perfecta, unía o basket e a posibilidade
de disfrutala. O ano pasado Marca Tv foi a panacea, aínda que non
televisou o Real Madrid podía disfrutar doutros equipos e iso que o cambio do mércores polo venres ,
foi malo para un servidor.
Entendo que as televisións públicas co que está
caendo non gasten na Euroliga, de feito paréceme ben. As privadas se non compraron os dereitos será
por algo, non lle ven rendemento polo tanto tamén o entendo, aínda que non o
comparto, con tanto programa de dubidoso gusto pero que arrasa.
Solo queda
compadecerme e tirar do teletexto e de certo amigo que me poñerá os dentes
largos para ir seguindo o partido.
Vivíamos por encima das nosas posibilidades
incluso nas retrasmisións deportivas , parece que próximamente caeran outros
deportes a ser de pago é a vida hai moitas outras prioridades que cubrir.
Se non o vexo,
non me cabreo ( os máis grandes cabreos sempre vendo o Real Madrid de basket ) e non podo latricar por aquí, como vou desafogar os problemas da vida real
logo, jejeje.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario