Definitivamente
acabouse o que se daba e descubrín que a
pseudo-banda era o Real Madrid, ollo ! a miña opinión do Barça non cambia. Un servidor sempre tan pesimista andaba ca mosca detrás da orella, a espera dos partidos
que amosaran realmente o noso nivel, pero resultou ser un elefante o que se
escondía.
En tres días,
máis ben nuns 120 minutos , que foron os
que pasaron dende que íamos con 3-2 fronte “os inventores do fútbol” e con 7
puntos de vantaxe ata o final do partido co Sevilla que vamos con 2 de
desvantaxe desmoronouse un novo
proxecto do Real Madrid e xa van non sei cantos. Average co Atleti e Barça
perdidos de regalo. Na vez de falar dos
árbitros algo de autocrítica non viría mal que despois pasa o que pasa.
E vense abaixo, xunto co físico de Xabi Alonso. Díxeno dende o primeiro
día que era o xogador clave e que había que coidalo. Que Illarramendi e
Casemiro tiñan que xogar máis minutos para descansalo, había partidos no que
podían facelo, pero non , o adestrador mira
polo seu cuíño e pasou o de sempre. Está
morto e con el o Real Madrid. Xa levaba un mes errando pases inexplicables
para el, esa era a sinal inequívoca.
Onte perdemos a
Liga por un erro infantil de Xabi, se lle xuntamos un balance
defensivo nefasto pois , adeus. Dende este momento Real Madrid non foi quen de controlar a
ansiedade da situación, incapaz de acadar un gol que lle dera tranquilidade, de
máis a menos co paso dos minutos fóronse tomando cada vez peores solucións, ata
rematar nun desquicie colectivo.
Os erros do segundo gol tamén son guapos, e con Bale cambiando as botas de regalo. Unha pena que non poda ver os
deportes hoxe, que seguro que saltan imaxes das que os “Sáfame” se alimentan.
Chegamos así o
seguinte punto, Carlo o que vai
camiño de ser o novo Queiroz. Chegaron
os partidos decisivos e mostrouse incapaz. Demasiado lento de movementos,
facendo os cambios demasiado tarde e sen sentido coma onte. Cun
equipo que da a impresión de pouco traballado. Onte o Sevilla desactivounos
con dúas contras que fomos incapaces de parar e con xogadores fora de sitio.
Agora nos bares poñen de menos a Arbeloa, Coentrao, Khedira …. coma sempre dixen hai
partidos para todos e hai que mesturalos, do adestrador é a labor de saber en
que partido debe utilizar a cada un. Equilibrio como pedía meses atrás. As baixas
de Di María e Jesé. Como é o fútbol e
tan pronto cambiamos de opinión eu incluido.
O “pacificador” chegou o Real Madrid ca bula da prensa, tema Casillas aparte, a
gañar títulos non a facer amigos e despois de tirar ca Liga, xa solo lle queda
a Copa, xa que este equipo teño medo de que non pase o Dormund na Champions, nin que falar ten que un Bayer, PSG ou Chelsea non deixa nada de nós.
Para rematar o
tema da portería eu sempre defendín que si Diego
López xoga será por algo, pero nos últimos partidos está a mostrar un nivel
moi baixo, non pasa polo seu mellor momento. Chéganlle moi claro, pero non fai
unha parada das que cambian partidos e iso é unha lousa. Creo que a sombra de Iker lle está a pesar, desmoronouse el tamén ?
O que vou, ca
Liga perdida e sen a ilusión de remontada no ambiente, creo que Carlo se vai
marcar un perdidos o río, o sábado ou en San Sebastián cambia de porteiro,
seguro. Utilizar a volta de Casillas, cal “Cid Campeador” , a día de hoxe é o único revulsivo que vexo para
ilusionar a boa parte do Bernabéu e
do madridismo, e salvar o cú uns días, iso si para o mourinhismo sería unha traizón. A ver si o santo
amosa que ten anxo e fai o miragres, aínda que o mal balance defensivo , o físico de Alonso, a mala lectura dos partidos….
….. non se arranxan con iso, penso.
Eu non atopo solución, non nos vale Mou, non nos
vale Carlo, non nos vale ningún, ou o palco ou os xogadores onde está o
culpable ?, iso si o desánimo chegou a min. Estaba esperando este tipo de
partidos para escribir & analizar e
tristemente a realidade é moi cruda.
P.d. : As
escalofriantes palabras de Pardeza onte : “
El partido ha salido como ha salido. No hemos podido conseguir goles de ventaja
“ & “
Bueno eh, … si. Hay que pedir perdón no veníamos a esto ni mucho menos “. Sublime !
No hay comentarios:
Publicar un comentario