LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – A FERVENZA “B” : 0-5.
FISOBER B : Anabel,
Natalia, Inés, Tamara e Laura ; tamén xogou : Noelia.
A FERVENZA B : Carla,
Andrea de Paz, Raquel, Andrea Rodríguez e Raquel Felpete ; tamén xogaron :
María, Natalia e Sara.
Árbitro : Vicky
Mosquera ; CRONO : Maryluz Mendoza.
GOLES : 0-1
Andrea de Paz, 0-2 Andrea Rodríguez, ( descanso ) , 0-3 Andrea de Paz, 0-4
Andrea Rodríguez, 0-5 Andrea de Paz.
O domingo pola
mañá xogábase no Pavillón de Ponte do
Porto un duelo de filiais que caeu con
todo merecemento e de forma contundente para o filial de A Fervenza.
Non era o día
para as do Fisober, quizais afectoulles o cambio horario, o xogar domingo de
mañá, as numerosas baixas ( incluída a de Paula no quencemento ), a
superioridade do rival, o que quedou claro foi que estiveron moi lonxe do nivel
que viñan ofrecendo nas últimas semanas e volveron a irregularidade que as
caracteriza.
As visitantes
saían moi metidas no partido e dominando o xogo dende o primeiro momento. Así
os catro minutos Andrea de Paz a que adiantaba as de Ferrolterra.
Este gol deu
maior control e tranquilidade as visitantes e puxo nerviosas as locais que non
eran quen de entrar no partido. Tal foi que os adestradores das da Costa
víronse obrigados a pedir tempo morto mediada esta primeira metade para tentar
voltear a situación.
Pero non foron
quen todo seguía igual , estaba máis preto o segundo visitante que o local. Algo
que sucedeu a dous para o fin desta primeira metade nunha xogada chea de
rexeites na que a máis lista foi Andrea Rodríguez que facía o 0 a 2 co que se
chegou o tempo de lecer.
Na segunda metade
o guión foi o mesmo e nada cambiou, incluso o dominio foi maior das visitantes.
Ante unhas locais levadas pola ansiedade de ver que non lles saían as cousas.
Os tres minutos
da reanudación de novo Andrea de Paz facía o 0 a 3 que lles deu unha maior
tranquilidade, se cabe, para controlar o
partido. Os minutos foron pasando e nada cambiou. E así foron chegando dous
novos goles visitantes. O cero a catro obra de Andrea Rodríguez e o quinto obra
de novo de Andrea de Paz, co que se chegou o fin do partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario