Fai uns anos que
veño escoitando falar dunha lenda a que eu particularmente chamo “A lenda dos inventores do fútbol”,
desta lenda fálase en bares e tertulias futbolísticas de todo tipo e en todo
lugar. A bo seguro moitos de vostedes tamén oíron falar dela, algún estará de acordo e outros vivirían tan sorprendidos
coma min.
A lenda chegou o
seu máximo apoxeo cando o druida
“inventor de colonia” chegou a dirixir a ese equipo dun país de aí arriba
como el dicía e tiña como máximo opoñente a un malvado bruxo portugués que dirixía o equipo do poder e do goberno,
ou iso é o que insinúa a lenda.
O equipo do druida é o que toda nai desexaría para o
seu fill@ ( palabras textuales dunha nai que manda moito carallo ) como contan
os trobadores seguidores desta rara secta,
o de rara secta é opinión miña, cheo de valors, humildat, canteira, saber perder…………
todo o que poidades imaxinar.
Nin protestan os
árbitros ( cando gañan por suposto ) , iso é de perdedores, ofrécense
para facer labores de xardinería ( regar o campo con aspersores, cortar a
herba…… ), loitan contra sorteos
amañados é o máis curioso xa fai uns
anos que escoitaba que non ficharían nin un xogador que tiñan unha canteira incrible da que sacaría toda a
pedra necesaria. Así foron sacando os recambios para os Valdés, Iniesta, Xavi……… , iso de gastar cartos non vai con eles,
iso é boa verdade no país de aí arriba teñen fama de tacaños.
Non había con
quen falar os trobadores seguidores dicían que ata o fin dos días sairían os
recambios desa canteira, en Ourense
xa estaban preocupados con tan boa pedra, así saíron os Rubén Miño, Oier, Fontás, Nolito…………….. , creo que todos seguen na secta. Dende que se
foi o druida penso que solo sobreviven 2 xogadores a día de hoxe marxinais, Bartra e Sergi Roberto, aínda recordo
a noite que certo trobador me dixo que serían en breve todos da canteira,
gustaríame que pasara por estas letras. Eses trobadores que che miran por encima do ombreiro, claramente saben máis
de fútbol ca ninguén, inventaron este deporte o dos ingleses foi mera
coincidencia.
Pero o druida foise, non aguantaba a presión
de vivir nun mundo tan perfecto e coas súas maletas foise a ver mundo.
Empezaron as dúbidas e agora son
adestrados por un druida arxentino que
non sabe cociñar a súa pócima tan
ben. Non comprende a ideoloxía da secta e está a ser criticado. Ese fútbol
único é universal que eles crearon, o tiki-taka. Tocar e tocar e de vez en cando marcar goles , única forma de fútbol válida o resto son
outros deportes ,dicían os trobadores seguidores, algo que nunca cambiaría
xa ata o fin dos días eles sempre xogaran así.
Ademais a canteira parece que non é tan boa, din que se acabaron as pedras ou estarán máis
abaixo. Teñen que importar a pedra de fora, manda carallo co que me discutían a
min os trobadores seguidores que tiñan
pedra para facer un porto exterior, non había con quen falar. Parece que se
equivocaban, chegaron e chegarán xogadores de fora.
Fixeron un fichaxe baratiño do Brasil, o problema foi que unha
conspiración do equipo do poder encareceullo e moito, con tan mala sorte que o pai foi o máis listo do lugar e sacou proveito. Pero todo, todo , todo é culpa do outro
equipo, sen dúbida.
En cambio o outro
equipo o que dirixía o malvado bruxo
portugués, practicaba un fútbol baseado na maxia negra, cos seus xogadores convertidos en hienas salvaxes
golpeando unha e outra vez protexidos
polo sistema, pero nin así eran capaces de frealos , e si o eran non valía era trampa, ou non
era fútbol, ou eran os árbitros………….. ups
escusas non.
Agora cambiaron
de bruxo e tiraron algo da súa canteira e parece que algo está cambiando. Ata a mentalidade dos trobadores seguidores
que empezan a criticar os seus.
Moralexa :
Teño discutido moito con
moitos barcelonistas e sempre lles dixen que isto é cousa de ciclos, Valdés,
Iniesta, Xavi….. unidos a Pique, Busquets, Pedro…. Eses
non nacen tódolos días , como se xuntou Butragueño, Michel, Sanchís,
Martín Vázquez , quen sabe cando ou si volverá unha xeración así.
Como a forma de xogar o
fútbol que non é única, nin a que practican é a mellor. As cousas cambian e moito nesta
vida como estamos a ver. Tres anos atrás non lle entraba nas cabezas, agora son
os máis críticos.
Pero como son os inventores
do fútbol sempre terán razón, aínda que eu non lla darei teñen moito que rascar
aquí ou eu non teño dereito a opinar e
facerme forte coma eles!
No hay comentarios:
Publicar un comentario